Illas Virxes Estadounidenses: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 41:
== Historia ==
 
As Illas Virxes estiveron habitadas por diversos grupos [[indíxena]]s, especialmente os [[ciboney]], os [[CaribePobo (etnia)caribe|caribes]] e os [[pobos arauacos|arauacos]]. O navegante [[Cristovo Colón]] divisou estas illas en [[1493]] durante a súa segunda viaxe, e chamounas en honra de Santa [[Úrsula]] e as súas [[Virxindade|virxes]]. Nos trescentos anos posteriores, a administración destas illas recaeu en diversos colonizadores [[Europa|europeos]]: [[España]], o [[Reino Unido]], os [[Países Baixos]], [[Francia]], a [[Orde de Malta]] e [[Dinamarca]].
 
A [[Compañía Danesa das Indias Occidentais]] chegou á illa de San Tomé (''Saint Thomas'') en [[1672]] e a San Xoán (''Saint John'') en [[1694]]. En [[1733]], os daneses compraron a illa de Santa Cruz (''Saint Croix'') aos franceses. En [[1754]], as illas convertéronse nunha colonia do Reino, chamada ''Jomfruøerne''. A colleita da [[cana de azucre]] por [[escravitude|escravos]] dominou a economía das illas nos séculos [[Século XVIII|XVIII]] e [[Século XIX|XIX]], ata a [[abolicionismo|abolición da escravitude]] decretada polo gobernador [[Peter von Scholten]], o [[3 de xullo]] de [[1848]].