Big Ben: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 6:
== Historia e construción ==
=== A Torre do Reloxo de Westminster ===
[[Ficheiro:clock.tower.from.westminster.br.arp.750pix.jpg|miniatura|200px|O [[palacio de Westminster]] e a torre do reloxo no extremo nordés da [[ponte de Westminster]].]]''A Torre de Santo Esteban'' (St. Stephen's Tower) ou a ''Torre do Reloxo de Westminster'', popularmente coñecida como ''Big Ben'', foi levantada como parte do novo edificio deseñado por [[Charles Barry]], despois de que o vello [[palacio de Westminster]] fose destruído polo lume a noite do [[16 de outubro]] de [[1834]]. A torre está deseñada ó estilo gótico vitoriano, e ten 96,3 [[metro|m]] de altura.
 
O corpo da torre (61 m de altura) consiste nun enladrillado con revestimento de pedra; os 35 metros restantes fórmannos a [[chapitel|agulla]] de ferro fundido co que se coroa a torre. A torre está asentada sobre unha base de 15 metros de lado e ten un peso estimado en 8.667 [[tonelada]]s. Os catro reloxos están sitos a 55 metros de altura.
 
Debido ás condicións da terra onde se asenta a construción, a torre inclínase levemente ao noroeste, uns 220 [[mm]] . Tamén oscila anualmente algúns milímetros ó leste e ó oeste, debido ós efectos térmicos.