Vitus Bering: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxo
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Vitus Bering.jpg|miniatura|dereita|Vitus Bering]]
'''Vitus Bering''', nado en agosto de [[1681]] e finado o [[19 de decembro]] de [[1741]], foi un [[mariño]] e [[explorador]] [[Dinamarca|danés]] ó servizo do Cruys, que explorou a costa [[Siberia|siberianasiberia]]na dando nome ó [[estreito de Bering]].
 
== Traxectoria ==
Naceu en [[Horsens]], [[Dinamarca]], e tras unha curta viaxe á [[India]], alistouse na mariña [[Rusia|rusa]] en 1703, servindo na frota [[mar Báltico|báltica]] durante a [[guerra do Norte]]. Entre 1710 e 1712 estivo destinado no [[Mar de Azov]], en [[Taganrog]], onde participou na guerra contra os [[Turquía|turcos]]. Casou cunha rusa, e só regresou ó seu país natal en 1715, de forma breve. A exploración da costa norte de [[Asia]], resultado do avance ruso en [[Siberia]], ocupouno a partir de entón.
 
=== Viaxes a Kamchatka ===
En 1725 viaxou a [[Kamchatka]], desembarcando en [[Okhotsk]] e cruzando a península. Construíu entón o barco ''Sviatoi Gavriil'' (''San Gabriel'' en [[lingua rusa|ruso]]). Nel explorou o norte ata que deixou de avistar terra. Nos anos seguintes investigou o leste, redescubrindo as [[illas Diomede]] (en [[lingua rusa|ruso]] [[Illas Ratmanov]]) que [[Dezhnev]] xa describira. No verán de 1730 Bering volveu a [[San Petersburgo]]. No longo traxecto a través das estepas, enfermou. Cinco dos seus fillos que o acompañaban morreron na viaxe.
 
Bering volveu á rexión de Kamchatka en 1735. Coa axuda dos [[Artesanía|artesáns]] locais [[Makar Rogachev]] e [[Andrey Kozmin]] construíu dous navíos: ''Sviatoi Piotr'' (''San Pedro'') e ''Sviatoi Pavel'' (''San Paulo''), cos que partiu en 1740. Fundou a cidade de [[Petropavlovsk]] en Kamchatka, e desde aí, liderou unha expedición a [[Norteamérica]] en 1741. Unha tormenta separou os barcos e Bering acabou na costa sur de [[Alasca]], desembarcando cerca das [[illas Kayak]]. O segundo barco, capitaneado por [[Aleksei Chirikov]], desembarcou no [[Arquipélago Aleksander]]. Estas travesías son hoxe en día coñecidas como a [[Gran Expedición do Noreste]]
 
As duras condicións da rexión obrigaron a Bering a volver. No traxecto descubriu parte do arquipélago das [[Illas Aleutianas]], que chamou [[Illas Shumagin]] en honra dun mariñeiro do seu barco que morreu alí. Bering enfermou e tivo que refuxiarse nas [[Illas Kommander]] (''Komandorskiye Ostrova''), ó suroeste do [[mar de Bering]]. O 19 de decembro de 1741 Vitus Bering morreu de [[escorbuto]] na [[Illa de Bering]], xunto a 28 membros da súa tripulación.
 
O ''Sv. Piotr'' naufragou por unha tormenta, e unicamente o carpinteiro S. Starodubtsev cos supervivintes logrou regresar tras construír un novo navío, de 12,2 metros, tamén chamado ''Sv. Piotr''. Dos 77 homes que partiron regresaron 46. O ''Sv. Piotr'' continuou navegando entre Kamchatka e Okhotsk ata 1755.
 
A importancia do traballo de Bering non foi recoñecido durante moito tempo, ata que [[James Cook]] probou a veracidade dos seus achados. Hoxe en día, o [[Estreito de Bering]], as [[Illas de Bering]] e o [[Mar de Bering]] levan o seu nome.
Liña 21:
* [http://www.vitusbering.horsens.dk Informe de 1991 sobre a expedicións arqueolóxica ruso-dinamarquesa] {{da}}
 
{{ORDENAR:Bering, Vitus}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Bering, Vitus}}
[[Categoría:Exploradores]]
[[Categoría:Nados en 1681]]