Glosemática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Filosofía
m →‎top: Arranxos varios
Liña 5:
*a [[Pleremática]], que estuda o [[plano do contido]] ou da significación, e nel os [[plerema]]s.
 
O termo foi acuñado por [[Louis Hjelmslev]] e [[Hans Jørgen Uldall]] como un [[neoloxismo]] que combinaba ''[[glosario]]'' con ''[[matemáticas]]'', queréndoo ligar así coa idea de estudo rigoroso.
 
A glosemática implica unha crítica da [[lingüística]] anterior, á que acusa de ser [[transcendente]], isto é, de fundarse en datos exteriores á propia lingua (históricos, físicos, sociais, literarios, filosóficos ou psicolóxicos). A ciencia proposta pretende ser [[inmanente]], isto é, considerar a lingua como unha unidade fechada. A glosemática procura constantes que non sexas extralingüísticas para poder determinar o que é común a todas as [[lingua natural|linguas humanas]] e o que fai que unha lingua permaneza idéntica a si mesma através das flutuacións. Oponse á concepción [[Humanismo (filosofía)humanismo|humanista]] da lingüística, para a cal os [[fenómeno]]s dependen do humano e, na lingüística anterior polo menos, só consideraba que se producían unha vez e non podían ser estudados cientificamente.