Ovidio Murguía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Pintores de Galicia (2013). TVG. Intervén Díaz Pardo, Marisa Sobrino, Xosé Antón Castro e outros.
Sen resumo de edición
Liña 25:
== Traxectoria ==
Naceu no [[pazo de Hermida]], fillo dos escritores [[Manuel Martínez Murguía]] e [[Rosalía de Castro]], de quen herdou o seu sentimento artístico. Quedou orfo de nai aos 14 anos. Comezou a pintar en [[Santiago de Compostela]], na [[Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago]], da que era profesor o artista [[José María Fenollera]]. En [[1895]] trasladouse a [[Madrid]], pero non seguiu os camiños habituais de ir á [[Real Academia de Belas Artes de San Fernando]] nin as posibles pensións para [[Roma]], por aquel entón pouco menos que imprescindible para facer carreira oficial.
[[Ficheiro:Rosalía e familia por Juan Palmeiro e fillos, A Matanza. 1883-4.jpg|miniatura|O neno Ovidio (de pé), coa familia, en 1883 ou 1884.]]
O seu parentesco co novelista [[Alejandro Pérez Lugín]], en cuxa casa residía, permitiulle asistir a faladoiros literarios e relacionarse con artistas. Saía ao campo, na zona do [[Guadarrama]], a pintar paisaxes do natural, e acudía con frecuencia ao [[Museo do Prado]], onde realizou copias dos grandes mestres, para exercitarse no oficio de pintor.
 
O seu pai, home ambicioso, relacionouno con [[político]]s influentes da época, para os que realizou escenas de xénero, moi en voga por entón, e decoracións murais para os seus palacios. Así, en 1898 leva a cabo á súa primeira encomenda importante, un conxunto de obras que o político galego [[Montero Ríos]] lle encarga paza ornar o [[pazo de Lourizán]]<ref name="casaMat">''Fundación Rosalía de Castro'' (22 de maio de 2014) [http://rosaliadecastro.org/a-casa-museo-ven-de-adquirir-un-cadro-de-ovidio-murguia/ A Casa-Museo vén de adquirir un cadro descoñecido de Ovidio Murguía]. "Ovidio falece con 28 anos cando daba cabo á súa primeira encomenda importante, un conxunto de obras para (...) Montero Ríos (...) encomenda realizada polo político galego en 1898, en Madrid".</ref>. Ovidio cumpre estas encargas, aínda que non de moi boa gana, ate que decide liberarse deles por completo e vivir sen traballar, unha vida que a súa precaria saúde non tolera.
 
Liña 33:
 
En marzo de 2014 a [[Fundación Rosalía de Castro]] presenta un cadro inédito de Ovidio Murguía que vén de adquirir para os seus fondos. A obra non está catalogada ao non abandonar nunca a casa da familia Bustelo Calvo-Sotelo de [[Ribadeo]]; todo parece indicar que a peza é unha encomenda. O cadro ''Árbore de montaña'', é quizais a obra de maior tamaño (190 x 130&nbsp;cm) pintada por Ovidio Murguía. A data 1899 figura xunto á sinatura do pintor.<ref name="test">[http://www.galiciae.com/nova/320020-fundacion-rosalia-presenta-cuadro-catalogado-ovidio-murguia "A Fundación Rosalía presenta un cadro non catalogado de Ovidio Murguía"], ''Galiciaé'' (22-3-2014).</ref>
 
Ovidio Murguía de Castro falece prematuramente de [[tuberculose]] no [[1900]] con 28 anos de idade, feito que máis tarde faría que Barreiro e [[Felipe Bello Piñeiro|Bello Piñeiro]] o encadrase dentro da [[Xeración Doente]].
[[Ficheiro:Cemiterio de Santo Amaro - Murguía.jpg|miniatura|[[Cemiterio de Santo Amaro da Coruña]].]]
Ovidio Murguía de Castro falece prematuramente de [[tuberculose]] no [[1900]] con 28 anos de idade, feito que máis tarde faría que Barreiro e [[Felipe Bello Piñeiro|Bello Piñeiro]] o encadrase dentro da [[Xeración Doente]].
 
== Galería de imaxes ==
{{Galería
Liña 53:
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Ovidio Murguía}}
=== Bibliografía ===
* VV. AA.: ''Catalogo da exposición 'Xeración Doente''' Fundación Caixa Galicia A Coruña 1993
Liña 66 ⟶ 65:
}}
* [[Francisco Pablos|Pablos, Franciso]]; ''A pintura en Galicia | La pintura en Galicia'' (edición bilingüe), pp.&nbsp;44–45, ed. Nigra Trea, [[2003]], ISBN 84-95364-15-8.
 
=== Outros artigos ===
{{Commonscat|Ovidio Murguía}}
* [[Jenaro Carrero Fernández]]
* [[Ramón Parada Justel]]