Bach-Werke-Verzeichnis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 13:
 
== Notación ==
A orde adoita expresarse do seguinte xeito: primeiro o título ye se é necesario a [[tonalidade (música)|tonalidade]] da obra, a continuación o número, e finalmente, en ocasións, o ano de composición, no caso de que sexa coñecido. Por exemplo: ''[[Misa en sol menor (Bach)|Misa en sol menor, BWV 235]]'' ([[circa]] 1738). É posible tamén encontrar unha mesma obra baixo a denominación de varios números Schmieder, por exemplo: ''[[Das wohltemperierte Klavier]]'' (BWV 846-893).
 
Nalgúns casos adoita sinalarse o obra polo seu título en alemán, seguida do ''número Schmieder'' e o número de orde da sección dentro da obra. Deste xeito, na cantata ''[[Herz und Mund und Tat und Leben, BWV 147]]'' (''O corazón, a boca, os feitos e a vida''), o coro que pecha a segunda parte pode citarse do seguinte xeito: ''"[[Jesus bleibet meine Freude]]"'', BWV 147,10 (é dicir, a décima sección do ''número Schmieder'' 147). Pode ocorrer que Bach tivera composto varias versións dunha mesma obra, o que se sinala cunha letra ao final do ''número Schmieder''. Por exemplo, a [[cantata|cantata secular]] ''[[Was mir behagt, ist nur die muntre Jagd, BWV 208]]'' (''Cantata da caza''), presentouse tamén como [[cantata|cantata sacra]], e figura no catálogo como BWV 208a.