Parque do Retiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxiño
Liña 3:
O '''Parque do Retiro''' (en [[lingua castelá|castelán]]: ''Parque del Retiro''), popularmente coñecido como '''El Retiro''', é un [[parque]] de 118 hectáreas (1.180.000 m²) situado en [[Madrid]]. É un dos lugares máis significativos da capital española.
 
Os xardíns teñen a súa orixe entre os anos [[1630]] e [[1640]], cando o [[Gaspar Guzmán Pimentel|Conde-Duque de Olivares]], privado[[valido]] de [[Filipe IV de España|Filipe IV]] ([[1621]]-[[1665]]), regalou ao rei uns terreos xunto ao Mosteiro dos Xeromes de Madrid. Coa reforma do Cuarto Real que había ao lado do mosteiro, comezou a construción do [[Palacio do Retiro]].
 
Despois da [[revolución de 1868]], coñecida popularmente como ''La gloriosa'', os xardíns pasan a ser de propiedade municipal e as portas ábrense a todos os cidadáns, comezando unha época na que a Ría Grande e o Estanque de San Antón dos Portugueses transfórmanse en Paseo de Coches. Colocáronse as fontes dos Galápagos e da Alcachofa, así como a fonte do Anxo Caído, obra de [[Ricardo Bellver]]. No Campo Grande construíuse o [[Pazo de Cristal do Retiro]] e o [[Palacio de Velázquez]], obra de [[Ricardo Velázquez Bosco]]. Nesa época, concretamente a finais do [[século XIX]], ten lugar a novela que [[Pío Baroja]] titulou ''Os Xardíns do Retiro'', na que narra a vida da cidade arredor deste lugar.