Sociolingüística: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 10:
* Variábel - A variábel é o trazo, forma ou construción linguística cuxa realización presenta variantes observadas polo investigador.
 
Ás veces establécese unha distinción entre a sociolingüística e a ''socioloxía da linguaxe'', cuxo foco estaría no efecto da linguaxe na sociedade. A sociolingüística ten autonomía propia como para que non sexa moi preciso estabelecer esta diferenza xa que estamos a falar do estudo do mesmo feito social: a relación entre a lingua e a sociedade.
 
A ''sociolingüística sincrónica'' céntrase na estrutura sociolingüística e as variacións lingüísticas que dependen das situacións e actitudes dos falantes, mentres que a ''sociolingüística histórica'' ou ''diacrónica'' ocúpase do cambio lingüístico, a adquisición e difusión das linguas.