Circuíto de Vallelunga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 15:
| Localización || {{ITAb}} [[Campagnano di Roma]], [[Italia]]
|-
| Lonxitude || 4´085  km.
|-
| Curvas || 15
Liña 35:
|}
O '''Autodromo Vallelunga Piero Taruffi''' é un circuíto de carreiras situado a 32  km ao norte de [[Roma]], en [[Vallelunga]] de [[Campagnano]]. Desde o 12 de outubro de 2006, o Autódromo de Vallelunga chamase oficialmente Piero Taruffi.
==Historia==
O circuíto inaugurouse en 1951 ao reciclar un antigo hipódromo de area de 1´8 &nbsp;km.. A primeira carreira de coches disputouse o 9 de decembro nunha pista de [[area]]. Asfaltouse en [[1957]], en base ao proxecto do piloto enxeñeiro [[Piero Taruffi]], do que recibe o seu nome, con dous trazados (Internacional e Club). En [[1961]] a Compañía Vallelunga (propiedade da familia Pesci) logrou un acordo co Concello di Campagnano di Roma, a zona onde se atopa a pista de carreiras, para dobrar a lonxitude da pista. A partir de 1963 o circuíto albergou o [[Gran Premio de Roma]]. En [[1967]] engadiuse unha nova curva cando a pista converteuse en propiedade do [[Automobile Club d'Italia]] (ACI).<ref>[http://www.aci.it/laci/la-federazione/societa-del-gruppo-aci/aci-vallelunga.html Dal sito Aci.it: Scheda del circuito]</ref> En [[1970]] invístese na construción dos edificios dos boxes, a dirección de carreira, a sala de prensa e unha tribuna. En [[1971]] fixéronse outras innovacións na pista. Á súa vez, o sentido de xiro pasou de ser antihorario a horario.
 
[[ficheiro:Autodromo Vallelunga Vecchio.svg|thumb|left|a pista, como era no [[2003]]]]
 
En agosto de 2004 comezaron os traballos para ampliar a súa lonxitude da pista en 1 &nbsp;km, deixando a pista coa súa lonxitude actual, 4.085 m para os autos e 4.110 m para as motos. No verán de [[2005]] completouse unha importante renovación e expansión, construíuse unha nova torre de control de carreira, rutas de escape e unha mellor infraestrutura. A nova configuración recibiu a homologación da [[Fédération Internationale de l'Automobile]] (FIA) como circuíto de probas, sendo utilizado por varios equipos de Fórmula Un como o [[Scuderia Ferrari|Ferrari]], [[Williams F1]], [[Toyota Racing|Toyota F1 team]] e [[British American Racing | BAR]] - [[Honda na Fórmula 1 | Honda]]. O circuíto tamén foi o anfitrión da carreira de resistencia das [[6 Horas de Vallelunga]].
 
[[Ficheiro: vallelunga.race.circuit.in.italy.arp.jpg | thumb | right | O autodromo de Vallelunga. A lonxitude do circuíto (incluída a extensión posterior a 2004) é de 4´085 km. As carreiras dispútanse en sentido horario.]]
 
No verán de [[2006]] fixéronse novos boxes. En [[2007]] e [[2008]] o circuíto organizou unha rolda do [[Campionato Mundial de Superbikes de 2007]]. Nesta ocasión ampliáronse a recta de meta e a sala de prensa, e fixéronse novas tribunas.
 
O circuíto tamén ofrece unha pista cunha lonxitude de 1.200 metros, destinada principalmente ás actividades da [[ Scuola federale rally]], e unha nova pista específica para [[SUV]]. A área do autódromo tamén conta cun centro de conferencias, un hotel e outras actividades e servizos. Dentro do complexo tamén se pode visitar o sitio arqueolóxico "calzada romana", con case 500 m² de achados arqueolóxicos culturais.
 
Desde o inicio de [[2004]] xunto á pista atópase a ACI-SARA o centro de condución segura que alberga os cursos de condución para automóbiles, motocicletas, camións, caravanas e autocaravanas. Este centro explota simulacións de sistemas con paredes de auga, a adherencia ás superficies diferenciadas e sistemas hidráulicos para provocar o derrape de cada tipo de vehículo.<ref>[http://www.vallelunga.it/it/guida-sicura/guida-sicura-aci-sara Dal sito Vallelunga.it: Guida Sicura Aci-Sara]</ref> Cada ano no outono alberga un gran mercadillo especializado principalmente en pezas de recambio de automoción vintage.
 
Desde o ano 2010 o Autodromo di Vallelunga é alimentado por un sistema fotovoltaico que fai que toda a instalacións de enerxía do complexo sexan respetuosas co medio ambiente.<ref>[http://www.vallelunga.it/it/energy-zero-impact/limpianto-fotovoltaico Dal sito Vallelunga.it: Il fotovoltaico di Vallelunga]</ref>