Diferenzas entre revisións de «Os Carunchos»

(formato)
En [[2009]] publicaron ''En Galego'', unha escolma de temas de diversa orixe, temas da tradición popular galega e [[Portugal|portuguesa]], de repertorio de gaiteiros galegos e coros tradicionais, e temas compostos por autores galegos ou membros do grupo con contidos reivindicativos en defensa da lingua galega. En 2013 publicaron ''Ti Que''?, no que predominan as melodías propias e letras reivindicativas.
 
A comezos de 2017 publicaron ''Cantares'', con letras de personalidades da poesía clasicosclásicos, como [[Rosalía de Castro]], e contemporáneos, como [[Manolo Pipas]].
 
Participaron en diversos festivais canda a outros grupos de música galega como [[Na Lúa]], [[Leilía]], [[Berrogüetto]], [[Os Cempés]], [[Treixadura (grupo musical)|Treixadura]], [[Ardentía]], [[Chouteira]] ou [[Luar na Lubre]].