Choque de Charkhi Dadri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 37:
Cando o controlador chamou novamente ao KZA1907 non recibiu resposta. Advertiu da distancia ao outro avión, pero xa era demasiado tarde. Os dous avións chocaran, a cola do KZA1907 cortou a á e o estabilizador horizontal esquerdos do SVA763. O danado Boeing perdou rapidamente o control e descendeu nunha espiral cara o chan con lume saído da á. O Boeing desintegrouse no aire debido ás tensións antes de que os restos golpeasen o chan a case 1.135 km/h. O Ilyushin mantívose estruturalmente intacto, pero entrou nun rápido e incontrolado descenso ata que se estrellou nun campo. Os resatadores atoparon a catro supervivintes en estado crítico no Ilyushin, pero todos morrerían pouco despois. Dous pasaxeiros do voo saudita sobreviviron ao accidente, aínda abrochados aos seus asentos, pero morrerían por feridas internas ao pouco tempo. Como resultado, os 312 ocupantes do SVA763 e os 37 do KZA1907 morrerían.
 
[[Categoría:Accidentes aéreos na India]]
[[Categoría:Accidentes e incidentes de Boeing 747]]
[[Categoría:Accidentes e incidentes de Ilyushin Il-76]]