Papiro Ebers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios, +{{Control de autoridades}}
Isili0n (conversa | contribucións)
*De contado > decontado.
Liña 2:
O '''Papiro Ebers''' é un dos máis antigos tratados médicos coñecidos. Redactado no [[antigo Exipto]], contra o ano [[-1500|1500]] antes da nosa era, está datado no 8º ano do reinado de [[Amenhotep I]],<ref>Véxase páxina 19 en ''The Egyptians'', Barbara Watterson, Blackwell Publishers, 1997.</ref><ref>Véxase páxina 690 en ''Encyclopaedia of the history of science, technology, and medicine in non-Western Cultures'', Helaine Selin, Kluwer Academic Publishers, 1997.</ref><ref>Véxase páxina 41 en ''The experience of ancient Egypt'', Dr Ann Rosalie David, Routlegde, 2000.</ref> da [[dinastía XVIII]]. Aínda que outros exiptólogos dan datas máis recentes e citan sobre todo o reinado de [[Amenhotep III]] nos séculos [[Século -XIV|XIV]] ou [[Século -XV|XV a. C.]] (data variábel segundo os exiptólogos).<ref>[[1408]] a.C, segundo Claire Lalouette, ''Thèbes ou la naissance d'un empire'', Champs Flammarion, 1995, páx. 419. ISBN 2-08-081328-5</ref><ref>[[1390]] a.C., segundo Nicolas Grimal, ''Histoire de l'Égypte ancienne'', Le Livre de poche Références-Arthème Fayard, 1988, páx. 265. ISBN 2-253-06547-1</ref>
 
Descuberto por [[Edwin Smith]] en [[1862]], na tumba de [[Assasif]], en [[Luxor]], entre os restos dunha momia, comprouno de contadodecontado o exiptólogo alemán [[Georg Moritz Ebers]], ao que debe o seu nome e a súa tradución. Actualmente consérvase na biblioteca da Universidade de [[Leipzig]].<ref>[http://papyri.uni-leipzig.de/receive/UBLPapyri_schrift_00035080?lang=en Consulta en liña do papiro] no sitio do ''Papyrus-Projekt'', proxecto papirolóxico das universidades de Halle - Jena - Leipzig.</ref>
 
É tamén un dos máis longos documentos escritos encontrados do antigo Exipto: mide máis de vinte metros de lonxitude e uns trinta centímetros de alto, e contén 877 parágrafos que describen numerosas enfermidades en varios campos da [[medicina]] como a [[oftalmoloxía]], [[xinecoloxía]], [[gastroenteroloxía]] etc., e as correspondentes prescricións, así como un primeiro esbozo da depresión nerviosa. Representa tamén o primeiro documento humano que fai referencia ao [[cancro]].
Liña 20:
Tamén ten un capítulo sobre as desordes mentais, no que se recollen trastornos tales como a [[Depresión (psicoloxía)|depresión]] e a [[demencia]].
 
Así mesmo contén capítulos de contracepción, diagnóstico do embarazo así como sobre trastornos xinecolóxicos, dermatolóxicos, oftalmolóxicos, odontolóxicos, enfermidades intestinais e parasitarias, uroloxía, e tamén sobre a observación médica de ambos os órganos sexuais. E de tratamentos cirúrxicos de abscesos e tumores, trastornos óseos e queimaduras. Á parte das receitas máxicas dos sacerdotes da deusa [[Sekhmet]], como o texto sobre o leite dunha nai recénrecentemente parida para curar as queimaduras.
 
== Exemplos de remedios ==
Liña 31:
* Cancro: fronte a un "tumor contra o deus Xenus", recomenda "non farás nada contra iso".<ref>''United States National Library of Medicine'', en ''National Institutes of Health''.</ref>
* Vestidos: os vestidos poden protexerse contra ratos e ratas aplicándolle materias graxas dos gatos.
* Estelas: aplicando sobre as estelas, un bálsamo feito de sangue de vermes e de excremento de asno. (Dado que este excremento, cargado de esporas do [[bacilo]] ''[[Clostridium tetani]]'', bastaría unha simple aplicación dunha soa estela para dar frecuentemente unaunha morte horríbel como consecuencia do [[tétano]].<ref name="S.I. McMillen, M.D. 2000"/>
* A morte: a mestura da metade dunha cebola e a escuma dunha crevexa estaba considerada como un remedio delicioso contra a morte.
* Dracunculose (verme de Guinea): enrolar os extremos do verme ao redor dun escarvadentes e extraelo lentamente (3500 anos máis tarde, iso continú sendo o tratamento estándar).<ref>Uniformed ervices University of the Health Sciences, ''Dracunculiasis'', Tropical Medicine Central, [http://www.isradiology.org/tropical_deseases/tmcr/chapter27/intro.htm véxase en liña]</ref>