Chechenia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns internas: {{Control de autoridades}}
Liña 139:
Ademais, os secuestros de homes seguen a ser un dos problemas máis sensibles de Chechenia. 2 780 persoas foron secuestradas dende o anos 2000 de Chechenia, segundo os datos presentados polo presidente checheno [[Alou Alkhanov]]. O «negocio dos secuestros» lanzouse, segundo [[Ramzan Kadyrov]], polo antigo oligarca ruso [[Boris Berezovski]], actualmente no exilio en Inglaterra, que ocupaba a mediados dos anos noventa o posto de subsecretario do Consello de Seguridade Ruso. «Berezovski dicíalles aos xefes terroristas que non podía pagarlles os cartos directamente, e lles propuxo secuestrar civís e militares en Chechenia para pagarlles millóns de dólares como rescate», explicou, engadindo que os captores obtiveron así trinta millóns de dólares.
 
O «negocio dos secuestros» naceu a mediados dos anos noventa cando as outras fontes de enriquecemento ilegal esgotáronse. «A guerra contra Rusia entón volveuse lucrativa», di o conselleiro do Kremlin, Aslambek Aslakhanov. «Xa antes da primeira campaña militar, en [[1994]], a República chechena dexenerou nun burato negro criminal que permitía branquear milleiros de dólares», afirma. «En [[1993]], a república chechena converteuse nun dos sitios craveclave do tráfico de armas a nivel mundial. Ás veces, até 30 avións, cargados de armas, despegaban nun día do aeroporto de Grozny con destino ós países do Oriente Medio e de África, e traian a Chechenia droga e materias primas. No distrito de Chali funcionaba un importante sector de produción de heroína altamente refinada», engade.
 
O número de desaparicións pasou de 228 en 2004 a 117 en 2005, segundo a axencia Itar-Tass<ref>Fonte : {{Fr}} http://www.armees.com/+Comment-mettre-fin-aux-enlevements-en-Tchetchenie,3984+.html</ref>.
 
O 15 de xullo de 2006, o xefe do [[FSB]] ruso, Nikolai Patruchev, falando da morte do «terrorista Nº1» Bassaiev, propuxo ó resto dos rebeldes depoñer as armas en sinal de clemencia. Dende entón, máis de 178 combatentes depuxeron as súas armas. Segundo o vice PrimerPrimero Ministro Adam Delimkhanov, non deben de quedar máis de 90 na resistencia, xunto con 30 mercenarios árabes.<ref>Fonte {{Ru}} (29 de agosto de 2006) : http://www.newsru.com/russia/29aug2006/boev.html#2</ref>
 
== Sistema político ==