Diego Velázquez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 193.144.97.39 (conversa); cambiado á última versión feita por Breogan2008
Liña 70:
Segundo a descrición de Palomino, Velázquez serviuse do reflexo dos reis no espello para descubrir enxeñosamente o que estaba pintando.<ref>[[#Palomino|Palomino]], pp. 248-251.</ref> As miradas da Infanta, do pintor, da anana, do garda, do can, da menina Isabel e do apousentador dende a porta do fondo diríxense cara ao espectador que observa o cadro, ocupando o punto focal no que previsiblemente se situaban os reis. [[Michel Foucault|Foucault]] destacou como Velázquez logrou integrar e confundir este espazo real do espectador e o primeiro plano do cadro creando a ilusión de continuidade entre os dous espazos.<ref name="csa"/><ref>{{cita libro|apelidos=Foucault|nome=Michel|título=Le mot et les choses|ano=1966|editor=Paris:Gallimard|id=ISBN 2-07-022484-8}}</ref><ref name="gaa">[[#Gallego|Gallego]]; Velázquez, Catálogo Exposición 1990; p. 324-328</ref>
 
Sobre o modo no que Velázquez se autorretrata, destaca que non se representa na acción manual de aplicar o pincel ao lenzo, senón nunha posición máis nobre e intelectual: en actitude de pensar e de reflexionar sobre o deseño interno da obra.<ref name="gaa"/> Foi a primeira vez na arte occidental na que un pintor se retrataba xunto aos seus señores, en compañía dalgúns membros da familia real. Fíxoo no desempeño das súas funcións como pintor de cámara e coas insignias do seu rango, a chave de axuda de cámara e a cruz da [[Orde de Santiago]], quizais engadida posteriormente e, por orden do propio rei, «para alento dos profesores desta nobilísima arte». O portugués Félix Costa describiu: «A Diego Velázquez pintor, deulle Filipe IV, rei de Castela, o hábito de Santiago, que é a primeira orde daquel reino, e a chave da súa cámara».<ref>Citado en Gilles Knox, ''Las últimas obras de Velázquez'', p. 132.</ref>
 
Nas ''Meninas'' salienta a súa equilibrada composición e orde. En Velázquez, pintor barroco, permanecía aínda un intenso compoñente clásico, un interese pola orden e un menosprezo polos eixes oblicuos barrocos. A metade inferior do cadro está chea de personaxes en dinamismo contido, mentres que a metade superior está infundida nunha progresiva penumbra de quietude. Os cadros das paredes, o espello, a porta aberta do fondo son unha sucesión de formas rectangulares que forman un contrapunto os sutís xogos de cor que ocasionan as actitudes e movementos dos personaxes.<ref name="ga"/>