Waldo A. Insua: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 5:
Colaborou co xornal ''[[El Heraldo Gallego (1874)|El Heraldo Gallego]]'' con só catorce anos. En [[1873]] publicou algúns poemas na ''[[Revista Galaica (Ferrol)|Revista Galaica]]'', pero os seus artigos máis comprometidos, nos que denunciaba o sistema político da Restauración, apareceron no periódico ''[[Gaceta de Galicia]]''. Polas dificultades que lle ocasionaron, Álvarez Insua decidiu seguir o camiño da emigración.
 
Marchou a Cuba en [[1877]]. Matriculouse na Universidade da Habana e obtivo a licenciatura en Dereito. Fundou o semanario ''[[El Eco de Galicia (A Habana)|El Eco de Galicia]]'' e ocupou cargos directivos no Centro Galego. Iniciador de importantes sociedades galegas na Habana, Álvarez Insua foi un dos principais valedores do rexionalismo galego en Cuba Aínda que viaxou con relativa frecuencia a Galicia, o regreso definitivo non se produciu até [[1898]]. Asentouse na Coruña, e o [[4 de febreiro]] de [[1899]] foi elixido presidente da [[Liga Gallega (A Coruña)|Liga Gallega da Coruña]].
 
En novembro de [[1899]] trasladouse a Madrid onde se dedicou á avogacía. Fundou o Centro Galego en Madrid e colaborou na prensa madrileña, principalmente en ''El País'' e ''[[El Liberal]]'', ''[[La Ilustración Gallega y Asturiana]]'', ''[[La Esfera]]'' e ''[[Blanco y Negro]]'', mentres seguiu escribindo para xornais da Habana, Bos Aires e o estradense ''[[El Emigrado]]''.