Río Grande, ría de Ribadeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
Agremon (conversa | contribucións)
Pequena ampliación e referencia
Liña 15:
 
== Curso ==
Nace nos montes de [[Trabada]], preto da aldea da [[A Fórnea, A Fórnea, Trabada|Fórnea]] (correspondente ao mesmo concello). Fai unha pequena incursión no concello de [[Barreiros]] (atravesando a parroquia de [[Vilamartín Pequeno, Barreiros|Vilamartín Pequeno]], e pasando pola de [[Cabarcos, Barreiros|Cabarcos]]) e atravesa o de [[Ribadeo]], regando as parroquias de [[Arante, Ribadeo|Arante]], [[A Devesa, Ribadeo|A Devesa]], [[Covelas, Ribadeo|Covelas]], [[Cedofeita, Ribadeo|Cedofeita]], [[Vilausende, Ribadeo|Vilausende]] e [[Ove, Ribadeo|Ove]]. Finalmente desemboca na marxe esquerda da [[ría de Ribadeo]] aproximadamente nas coordenadas {{Coordenadas|43|30.25|N|07|3.2|W}}.
 
== Afluentes ==
Os seus principais afluentes son o [[Río Noceda, río Lexoso|río Noceda]] e o [[Río Pequeno, río Grande|río Pequeno]] pola esquerda (este último acólleo na súa desembocadura), e o [[río de Arante, río Grande|rego de Arante]] pola dereita ({{Coordenadas|43|29.78|N|07|8.53|W}}), lugar onde colle o nome de río Grande, despois de terse denominado río (ou rego de) Lexoso, constituído a partir do rego de Porto Bragán (ó xuntarse co rego das Teixeiras) e este, a partir do rego da Fórnea (ó xuntarse co rego de Cambite).<ref>{{Cita web|url=http://sigpac.mapa.es/fega/visor/|páxina-web=sigpac.mapa.es|título=VisorSigPac|data-acceso=2017-01-20}}</ref>
 
== Hidronimia ==
Algunhas fontes cartográficas intercámbianlle os nomes aos ríos Grande e Lexoso ou Grande e Arante dende os seus nacementos até o lugar da súa confluencia na [[A Ponte, Covelas, Ribadeo|Ponte]] na parroquia de [[Covelas, Ribadeo|Covelas]].
 
== Referencias ==
<references />
 
==Galería de imaxes==