Federación de Traballadores da Rexión Española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo mentras por mentres ou namentres
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:FRE-AIT.svg|miniatura|200px|dereita|Selo da Federación de Traballadores da Rexión Española da AIT.]]
 
A '''Federación de Traballadores da Rexión Española''' foi unha organización fundada en [[Barcelona]] en setembro de 1881. Creouse baixo a unión das sociedades obreiras de Barcelona, adoptando a estrutura aprobada pola [[Federación Rexional Española]] da [[AIT]] no Congreso de 1870 (sindicatos de oficio, federacións locais, federacións rexionais e federacións estatais) pero seguindo unha liña máis obrerista oposta á política parlamentaria.
 
A Federación evolucionaría ó longo da década de 1880 cara a [[Organización Anarquista da Rexión Española]] (OARE) á que o goberno imputou as accións da organización [[Mano Negra]]. Internamente destacaron os enfrontamentos entre o sector colectivista [[Bakunin|bakunista]] e o sector comunista libertario [[Piotr Kroprotkin|kropotkiniano]].
Liña 8:
 
==O Primeiro Congreso da FTRE==
O 10 de xullo de 1881 publicouse un manifesto asinado por 50 sociedades obreiras convocando un congreso para os días 23, 24 e 25 de setembro. O congreso celebrouse coa asistencia de 140 delegados que representaban a 162 sociedades obreiras de 70 localidades (35 delas de [[Cataluña]]). Nomeouse unha Comisión Federal formada por [[Francesc Tomàs Oliver]], [[Antoni Pellicer i Paraise]], [[Eudald Canivell i Masbernat]], [[Rafael Farga i Pellicer]] e [[Josep Llunas i Pujals]] con sede en Barcelona. Axiña se adheriron á nova Federación as antigas sociedades da FRE. En febreiro de 1882 a FTRE tiña 93 federacións locais e 280 seccións, e en agosto contaba xa con 185 federacións locais, 561 seccións e 45.600 federados.
 
==O Segundo Congreso da FTRE==
Liña 14:
 
==O Terceiro Congreso da FTRE==
Do 4 ó 8 de outubro de 1883 celebrouse en [[Valencia]] o terceiro congreso, cunha asistencia de 121 delegados de 88 federacións locais e 62 seccións de oficios. Daquela a FTRE compúñase de 14 federacións comarcais, 218 federacións locais e 550 seccións. Neste congreso houbo un enfrontamento entre os partidarios de manter a Federación dentro da legalidade e os que pensaban que coa legalidade a man o goberno os presionaba e torturaba. Estes últimos, encabezados por [[Francisco Gajo]], [[Manuel Pedrote]] e [[Miquel Rubio]], organizaron unhas xornadas paralelas constituíndo ''[[Los Desheredados]]. Organización revolucionaria anarquista'', razón pola que foron expulsados da FTRE.<br>Tamén se decidiu que a Comisión Federal radicase en [[Valladolid]], elexíndose como Secretario a [[Indalecio Cuadrado]].
 
En setembro de 1884 celebrouse en [[Barcelona]] un congreso extraordinario, coa asistencia de 64 delegados, que decidiron que a FTRE pasara á clandestinidade e que as seccións e federacións se comunicasen entre elas do xeito que considerasen oportuno. Isto non foi aceptado polos dirixentes catalanes que continuaban defendendo o [[anarcosindicalismo]] pola vía legal. A través da [[Revista Social]] iniciaron unha campaña buscando adhesións, e convocaron un congreso en [[Madrid]] para maio de 1885, onde estarían representadas 17 federacións locais, sen que se conseguise aceptar o desmembramento da Federación, que aínda celebraría un novo congreso en Barcelona en xullo de 1885, que tampouco serviría para acercar posicións.
 
En maio de 1887 celebrouse un novo congreso en Madrid ó que só asisten 16 delegados. A nova Comisión Federal se establece en Barcelona e caminaba cara á súa disolución, que tería lugar en Barcelona nun derradeiro congreso en maio de 1888. O sector máis sindicalista intenta crear unha nova organización, a [[Federación Española de Resistencia ó Capital]] (FERC). A sección anarquista da FTRE organiza en [[Valencia]] en outubro de 1888, a [[Organización Anarquista da Rexión Española]] (OARE) onde se certifica a disolución efectiva da FTRE.
Liña 98:
===Ligazóns externas===
*[http://www.laic.org/cat/espai/articles/18_apuntw.htm Fundació Ferrer i Guardia: Llunas i FTRE] (en catalán)
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Sindicatos de España|FTRE]]