Herpéstidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 44:
}}
 
Os '''herpéstidos''' ('''Herpestidae'''), chamados a maioría deles '''mangostas''', son unha [[familia (bioloxía)|familia]] de pequenos mamíferos [[carnívoros]] [[feliformes]], dos que hai 14 xéneros e 34 [[especies]],<ref>Vaughan, Terry A.; James M. Ryan; Nicholas J. Czaplewski (2010). ''Mammalogy''. Jones & Bartlett Learning. p. 300. ISBN 0-7637-6299-7</ref> nativos do sur de [[Eurasia]] e da parte continental de [[África]]. Ningunha vive en Galicia, aínda que no sur da península Ibérica foi introducida desde tempos antigos a [[mangosta exipcia]] (''Herpestes ichneumon'').<ref>[https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#79883577 bUSCatermos], que dá como referencia o Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009</ref>
 
Tamén pertencen a esta familia as especies xeralmente chamadas [[suricata]]s (''Suricata suricatta''), mangostas ananas e cusimanses (xéneros ''[[Helogale]]'' e ''[[Crossarchus]]''). Ao contrario, as seis especies de "mangostas" da illa de [[Madagascar]], hoxe na familia [[Eupleridae]], que inicialmente foran clasificadas dentro da familia Herpestidae, están máis relacionadas segundo as probas xenéticas con outros carnívoros de Madagascar da familia [[Eupleridae]], polo que desde 2006 se lles asignou unha subfamilia [[Galidiinae]] dentro de Eupleridae e fóra de Herpestidae.