Cine de animación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 54:
:* Nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], [[Hanna-Barbera]] dominou a animación para televisión e [[Disney]] a animación para cine. Nos anos 70 algunhas alternativas gozaron do favor do público. O máis coñecido pode ser [[Ralph Bakshi]], coas súas primeiras películas pertencentes ao movemento [[underground]] (''Heavy Traffic'', ''Fritz el gato caliente'') e posteriormente as súas películas de fantasía (''El señor de los anillos'', ''Wizards'', ''Tygra'').
:* En Europa do Leste, os herdeiros de [[Jiri Trnka]] converteron as súas industrias nacionais nas máis potentes do mundo, desde as series de televisión para nenos ata as curtametraxes artísticas máis oscuras e radicais: a produción foi enorme e a variedade inigualable. De entre os moitos artistas importantes, o máis famoso é o checo [[Jan Svankmajer]], que utiliza o ''stop-motion'' e a plastilina para crear arrepiantes mundos surrealistas.
:* No Xapón, [[Osamu Tezuka]] protagonizou a explosión dos debuxos animados nipóns, no sucesivo coñecidos como anime. Autor de cómics inmensamente prolífico, adaptou varias das súas propias obras, conseguindo un éxito absoluto coa serie de televisión ''Astro boy'', que definiu os trazos habituais do anime: animación limitada, dirección a imitación do cine de imaxe real, vínculo entre a industria da animación e a do cómic. Tezuka, un furacán creativo, tamén realizou longametraxes e ata curtametraxes experimentais. Durante os añosanos 60 o anime foi habitual nas salas de cine, pero na década seguinte quedou confinado á televisión. Tamén houbo notables animadores independentes como [[Yoji Kuri]] e [[Kihachiro Kawamoto]].
:* En Europa occidental os logros foron máis puntuais: películas como ''El submarino amarillo'' de [[George Dunning]], ''Allegro non troppo'' de [[Bruno Bozzetto]] ou ''El planeta salvaje'' de [[Réne Laloux]] tiveron repercusión. Nas curtas destacaron artistas como [[Raoul Servais]] ou [[Paul Driessen]].
* Nas últimas dúas décadas, o cine de animación tivo unha evolución sen precedentes. A caída dos réximes comunistas de Europa do Leste fixo que se reducise enormemente a contribución destes países, sobre todo as facetas menos comerciais, pero segue existindo unha enorme variedade no resto do mundo, e por primeira vez a enorme diversidade das curtametraxes está empezando a facerse notar, aínda que sexa con limitacións, nas longametraxes comerciais.