Leo Nardus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Elisardojm (conversa | contribucións)
poxa
Liña 5:
Procedente dunha familia xudía, era fillo de Manus Salomon, anticuario, e Catharina Alida Berlijn.<ref>Het Utrechts Archief, Geboorteregister Gemeente Utrecht, 1868. Por erro aparecen como Emanuel Salomon e Alida Ballen, recollido en Narriman El Kateb-Ben Romdhane, ''Léo Nardus: Un peintre hollandais en Tunisie'', 1997, citado por [http://www.chesshistory.com/winter/extra/nardus.html "Léonardus Nardus"]</ref>. Interesado na pintura, Nardus estudou na [[Academia Real de Belas Artes de Ámsterdam|Rijksacademie]], influído principalmente polo seu profesor Sybrand Altmann<ref>‘...et [Nardus] fit ses études à l’Académie des Beaux Arts d’Amsterdam (Altmann)...’, in: ''L'Œuvre de Léonardus Nardus: Tableaux et dessins cédés par lui à Croix Rouge française et belge: vente publique le 23 janv. 1917 ... chez Frederik Muller et Cie ...'', Amsterdam 1917, 12 pp.</ref>, a súa obra consiste principalmente en [[retrato]]s e [[pintura de xénero|pinturas de xénero]]. Tras terminar os seus estudos pasou algún tempo en París. En 1889 acompañado do seu amigo Michel van Gelder realizou unha breve expedición á rexión do Chaco, na Arxentina para atopar ouro, que quedou nun fracaso. Tras volver a París marchou aos Estados Unidos como marchante de arte en 1894 e consegue unha considerable fortuna, aproveitando a alta aceptación que tiña a pintura neerlandesa entre os millonarios norteamericanos, sospeitándose sen chegar a probarse que vendeu algunhas pezas de cualidade dubidosa como pezas mestras <ref>Esmée Quodbach, ‘American Collections Rich in Dutch Art: De eerste Amerikaanse reis van Cornelis Hofstede de Groot in 1908’, in: Luuk Pijl et al. (red.), ''Van Cuyp tot Rembrandt: De verzameling Cornelis Hofstede de Groot'', Gent/Groningen 2005 p. 77.</ref>. Regresou de novo a París co novo século.
[[Ficheiro:Arnouville-les-Gonesse - Le chateau.jpg|miniatura|Castelo de Arnouville, onde viviu algún tempo tras casar en 1904]]
En 1904 casou en Londres, con Hélène Jeanne Marie Bourgeois, filla dun marchante de Colonia, a parella estableceuse no castelo de [[Arnouville]], na periferia de París.<ref>Narriman El Kateb-Ben Romdhane, ''Léo Nardus: Un peintre hollandais en Tunisie'', 1997, citado por [http://www.chesshistory.com/winter/extra/nardus.html "Léonardus Nardus"]</ref> coa que tivo dúas fillas e da que se divorciou en 1911. Participou nos [[Xogos Olímpicos de 1912]] en [[Estocolmo]] co equipo neerlandés de espada, logrando a medalla de bronce. En 1913 realizou a súa primeira exposición individual na Galería Rosenberg de París, e o [[23 de xaneiro]] de [[1917]] realizou unha subhastapoxa a beneficio da [[Cruz Vermella]] de [[Francia]] e [[Bélxica]]. Afeccionado ao [[xadrez]] foi mecenas de [[David Janowski]] e [[Frank Marshall]]. Viaxou numerosas veces ao norte de África: Alxeria, Exipto pero sobre todo Tunisia, territorio no que se acabará establecendo en 1921, confiando a súa colección de obras de arte ao seu amigo Arnold van Buuren, e facendo edificar un palacio en mármore rosa en cidade balneario de [[La Marsa]] onde se mantivo arredado da vida social tunisiana, realizando pinturas de paisaxes e escenas da vida corrente e retratos de beduínos. En 1941 os nazis arrestaron a Van Buuren confiscándolle a colección de arte e a partir de entón Nardus comezou a ter problemas económicos, véndose obrigado a veder a súa residencia en 1951. En [[2010]] as obras decomisadas polos nazis fóronlles restituídas aos seus descendentes<ref>http://www.charentelibre.fr/2010/11/15/esse-il-traque-les-oeuvres-spoliees-par-les-nazis,1006596.php</ref>
 
== Notas ==