Násir al-Din al-Tusí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Bot: Substitución automática de texto (-Ptolomeo +Tolomeo)
Liña 9:
Foi quizais o primeiro matemático medieval en tratar a [[trigonometría]] como unha disciplina ou rama separada do tronco das matemáticas, e así se desprende no seu ''Tratado sobre os cuadriláteros''. Foi o primeiro en enumerar a lista dos seis casos distintos de ángulo recto nun [[triángulo esférico]] ([[trigonometría esférica]]). Os seus traballos en trigonometría levárono a ser o primeiro astrónomo oriental en ter unha visión clara da trigonometría plana e esférica.
 
Tusí elaborou táboas moi precisas sobre os movementos planetarios plasmándoos no seu libro ''Zij-i ilkhani'' (As táboas ilkhánicas). Estes libros contiñan posicións en formato tabular coas posicións dos planetas e o nome das estrelas. El sistema planetario proposto por el foi o máis avanzado da época e foi usado amplamente até o advenimento do modelo [[heliocentrismo|heliocéntrico]] en tempos de [[Copérnico]]. Entre a época de [[Claudio PtolomeoTolomeo|PtolomeoTolomeo]] e a de Copérnico considerouse a al-Tusí como o científico máis eminente no campo da observación astronómica.
 
Inventou unha técnica xeométrica denominada ''[[parella de Tusí]]'' que axuda á solución cinemática do movemento lineal como suma de dous movementos circulares. Al-Tusí calculou o valor de 51' para a precesión dos [[equinocio]]s e fixo enormes achegas á construción e uso dalgúns instrumentos astronómicos, incluíndo os [[astrolabio]]s e os [[Reloxo de sol|cuadrantes solares]].