Cirurxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m Bot: Substitución automática de texto (-Ptolomeo +Tolomeo); cambios estética
Liña 56:
A civilización mesopotámica levou á constitución das primeiras ciencias, tales coma a [[metroloxía]],<ref>André Pichot, ''Op. cit.'' páx.75: Sería necesaria a invención do sistema métrico para encontrar algo equivalente.</ref>, a [[álxebra]], a [[astronomía]] (cálculos de mecánica celeste, previsións dos [[equinoccio]]s, descríbense [[constelación]]s).<ref>Foron os que describiron e nomearon as que constitúen o Zodíaco.</ref> e a [[medicina]].
 
A medicina ten un estatuto particular; é a primeira ciencia práctica herdeira dun coñecemento intuitivo.<ref>André Pichot, ''Op. cit.'', páx. 169: Comparativamente ás disciplinas expostas antes, a medicina ten aquí de particular que xorde máis da técnica (é dicir, da arte) que a ciencia propiamente dita, polo menos no que concirne ás súas formas primitivas.</ref> Das 30.000 táboas cuneiformes descubertas, unhas 800 tratan algún tema médico (unha delas, a primeira receita coñecida). O nome do primeiro cirurxián coñecido é [[Urlugaledin]], do 4000&nbsp;a.C., cuxo cruño persoal, que se acha no [[Museo do Louvre]] de [[París]], mostra dous coitelos rodeados de [[Planta|plantas medicinais]]. O modelo de saúde-enfermidade entre os sumerios baseábase nunha concepción sobrenatural da enfermidade: esta era un castigo divino imposto por diferentes [[demo]]s tras a ruptura dalgún [[tabú]]. Por tanto a medicina estaba intimamente ligada ao sacerdocio, quedando a cirurxía relegada a especialidade médica de segunda categoría.<ref>Kramer, Samuel Noah (1975): ''La historia empieza en Sumer''. Círculo de lectores.</ref> Non obstante, o desenvolvemento das técnicas cirúrxicas é notábel: en [[Nínive]] encontráronse instrumentos de bronce e obsidiana de elegante factura: [[bisturí]]s, [[Serra (ferramenta)|serraserras]]s, [[trépano]]s etc.
 
O [[código de Hammurabi]] (achado en [[Susa]], [[Irán]], e conservado no [[Museo do Louvre]]), por outra parte, ampara baixo a súa profusa lexislación a especialidade da cirurxía. Algúns fragmentos deste código tratan especificamente sobre intervencións cirúrxicas.<ref>[[wikisource:es:Código de Hammurabi|"Código de Hammurabi"]] {{es}}</ref>
Liña 120:
Contra o ano 300&nbsp;a.C. [[Alexandre o Grande]] conquista [[Exipto]]. A cidade de [[Alexandría]], así denominada na súa honra, poucos anos máis tarde, durante o período chamado ''alexandrino'' (de [[-323|323]]&nbsp;a.C. - [[-30|30]]&nbsp;a.C.) convertíase no referente cultural do [[Mediterráneo]] e [[Oriente Próximo]], sendo o prolongamento da cultura grega na época romana, con progresos significativos en [[astronomía]] e [[matemáticas]], así coma algúns avances na [[física]] e na [[medicina]]. Alexandría foi o centro intelectual dos sabios da época, que eran gregos.
 
A chamada [[escola de Alexandría]] recompilou e desenvolveu todos os coñecementos sobre medicina (coma os de moitas outras disciplinas) coñecidos na época, contribuíndo a formar algúns destacados cirurxiáns. [[Herófilo de Calcedonia]] foi o primeiro en realizar diseccións en público, e incluso algunhas fontes apuntan a posibilidade de que os [[Dinastía Ptolemaica|PtolomeosTolomeos]] puxesen a disposición súa reos condenados a morte para practicar [[vivisección]]s.<ref>García Font, Juan(1974): ''Historia de la ciencia''. Barcelona: Danae.</ref> Outro médico notábel da escola alexandrina foi [[Erasístrato]] de Ceos, descubridor do [[colédoco]] (conduto de desembocadura da [[bile]] no [[Intestino|intestino delgado]], e do sistema de [[circulación portal]] (un sistema venoso que atravesa o [[fígado]] con sangue procedente do tracto dixestivo).
 
===== Roma =====