Briançon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Idade do Bronce +Idade de Bronce); cambios estética
m Bot: Substitución automática de texto (-Ptolomeo +Tolomeo)
Liña 11:
== Historia ==
[[Ficheiro:Briancon_blason.png|esquerda]]
Coñécese a ocupación humana das terras de Briançon dende a [[Idade de Bronce]]. Determinados pobos [[celtas|celtoligures]], chamados ''brigiani'', deberían estar na orixe do nome [[lingua latina|romano]] Brigantium (coincidente co noso [[Brigantium]]). Teñen falado da cidade [[Estrabón]], [[PtolomeoTolomeo]], [[Tito Pomponio Ático]], [[Ammiano Marcelino]] e [[Plinio o Vello]]. Na época [[Imperio Romano|romana]], Briançon formaba parte dos [[Alpes Cotienos]], gobernados no seu tempo polo rei [[Cotio]], e era un punto de paso esencial polos Alpes na [[vía Domiciana]] que circulaba de [[Turín]] a [[Arles]].
 
Como consecuencia das invasións bárbaras, a cidade romana reprégase á súa parte xeograficamente máis inexpugnábel, o outeiro que se formou trala erosión [[glaciar]] no medio do val da Durance. Pertenceu ao [[Delfinado]] dende [[1024]], pero conformou un territorio á parte, denominado o [[Couto Briançonés]], conformado por cinco pequenas cidades que dispuxeron de prerrogativas especiais ata a [[Revolución Francesa]], moito tempo despois de que o propio Delfinado fose anexionado ao reino de Francia ([[1349]]). Ao ser unha vía de paso entre Francia e Italia viviu as consecuencias de conflitos históricos importantes, e o [[6 de agosto]] de [[1590]] foi tomada por [[François de Bonne de Lesdiguières]] no marco das [[Guerras de Relixión francesas]].