Santos Futebol Clube: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 52:
A primeira etapa exitosa do club rematou coa retirada de moitos daqueles xogadores do ''ataque dos 100 gols'', e a afección do Santos FC tivo que agardar 20 anos ata poder festexar un novo título no campionato estatal de São Paulo. Polo medio tan só houbo un subcampionato, na tempada 1948, ano no cal o equipo rematou a 2 puntos do [[São Paulo Futebol Clube|São Paulo FC]].
 
En 1955 o Santos acadou o seu 2º título paulista, co dianteiro Del Vecchio como máximo goleador do torneo con 23 goles, pero o mellor aéndaaínda estaba por chegar. Ó ano seguinte (1956) o Santos FC volveu a gañar o campionato, pero se cadra o mais salientable dese ano foi o debut dun rapaz de 16 anos chamado Edson Arantes do Nascimento '[[Pelé]]', que marcaría tanto a historia do club nos seguintes 18 anos que a imaxe de ámbolos dous, xogador e equipo, ficarían permanentemente asociadas.
[[Ficheiro:PELÉ_-_1963.jpg|200px|miniatura|esquerda|Edson Arantes do Nascimento [[Pelé]].]]
En 1957 o Santos tivo que conformarse co segundo posto no torneo paulista, pero [[Pelé]] xa foi quen de marcar 17 goles, o que lle valeu para ser o máximo artilleiro desa edición do torneo. Non obstante, en 1958 [[Pelé]] non acadou 17 goles, senón 58, record histórico do [[Campionato Paulista]], e o Santos FC acadou o seu 4º título estatal. Ese ano [[Selección de fútbol de Brasil|Brasil]] e [[Pelé]] tamén gañaron o seu primeiro [[Copa do Mundo de Fútbol|Mundial de Fútbol]].