Revolución Rusa de 1917: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎O levantamento de Kornilov: fame é feminino, e contemplar non vén no DRAG
Liña 148:
[[Ficheiro:Aleksandr Fedorovich Kerensky.jpg|miniatura|[[Aleksandr Kerenskii]], líder do [[Goberno Provisional Ruso|Goberno provisional Ruso]].]]
 
Nas fábricas e no Exército, o perigo dunha contrarrevolución foi tomando forma. Os sindicatos, onde os bolxeviques eran maioría (pese á represión), organizaron unha folga que foi seguida de forma masiva. A tensión aumentaba aos poucos, coa radicalización dos discursos dos diferentes partidos. Así, o [[20 de agosto]], ante o Comité Central do [[Partido Democrático Constitucional|Partido KD]], o seu líder, [[Pável Miliukov]], dixo: «''O pretexto proporcionarano os motíns producidos polopola fame ou pola acción dos bolxeviques, en todo caso a vida empuxará á sociedade e á poboación a contemplarconsiderar a inevitabilidade dunha cirurxía.''» A Unión de oficiais do exército e da mariña, organización influente na parte superior do corpo do Exército ruso e financiada pola comunidade empresarial, pediu o establecemento dunha [[ditadura militar]]. Na fronte, o capitán Muraviov, membro do [[Partido Social-Revolucionario]], formou varios batallóns da morte e asegurou que «''estes batallóns non están destinados a ir á fronte, senón a Petrogrado, onde axustarán contas cos bolxeviques''».<ref>[[Jean-Jacques Marie]], ''La Guerre civile russe'', p. 17.</ref>
 
A finais de agosto de 1917, Kornílov organizou un levantamento armado, enviando tres rexementos de cabalería por ferrocarril a Petrogrado, co obxectivo de esmagar os [[soviet]]s e as organizacións obreiras para devolver a Rusia ao contexto bélico. Ante a incapacidade do Goberno provisional para defenderse, os bolxeviques organizaron a defensa da capital. Os obreiros cavaron trincheiras e os ferroviarios enviaron os trens a vías mortas, provocando que o continxente se disolvese.