Phil Collins: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Philip David Charles Collins''', nado o [[30 de xaneiro]] de [[1951]], en Hounslow, Middlesex, [[Inglaterra]], máis coñecido como '''Phil Collins''' é un cantante, [[compositor]], [[Batería (instrumento musical)|batería]], pianista e [[actor]] [[Reino Unido|británico]], e un dos artistas de maior éxito da [[música rock]].<ref>GRO Register of Births MAR 1951 5e 137 EALING – Philip D. C. Collins, mmn = Strange</ref> Collins foi nomeado tenente da Real Orde Vitoriana (LVO).
 
Entre 1984 e 1989, Phil Collins liderou a lista de éxitos [[Estados Unidos de América|estadounidense]] [[Billboard Hot 100|Billboard Top 100]] como cantante en oito ocasións, sete como solista e unha con [[Genesis (grupo)|Genesis]], banda da que foi membro entre 1970 e 1996.
Liña 5:
Tras a saída de [[Peter Gabriel]] en 1975 converteuse no cantante solista do grupo, co que tivo algunha colaboración esporádica dende 2007.
 
As súas cancións a miúdo tratan de amores perdidos, temas persoais e sobre o problema mundial da pobreza e o consumo de drogas. Segundo datos de [[Atlantic Records]] (de 2002) as vendas correspondentes á súa carreira en solitario acadaron os 150 millóns de discos en todo o mundo.<ref>“Phil Collins Celebrates TESTIFY with Weekend Today Performance and NYC In-Store” 11/15/02</ref> Collins gañou numerosos premios musicais ó longo de toda a súa carreira, incluíndo sete [[Premios Grammy]], cinco Premios Brit, entre eles mellor artista británico en tres ocasións, un [[Premios Oscar|Premio da Academia]] e dous [[Premios Globo de Ouro|Globos de Ouro]] polo seu traballo en bandas sonoras.<ref>[http://web.archive.org/web/http://www.brits.co.uk/artist/phil-collins Brit Awards: Phil Collins] Brits.co.uk. </ref><ref>[http://www.grammy.com/nominees/search?artist=phil+collins&title=&year=All&genre=All Past Winners: Phil Collins] Grammy.com. </ref>
Foi incluído no [[Salón da Fama do Rock]] como membro de Genesis en 2010.
 
Collins é un dodos tres artistas pop, xunto con [[Paul McCartney]] e [[Michael Jackson]], que venderon máis de 100 millóns de álbums en todo o mundo tanto na súa carreira en solitario como formando parte dunha banda. Contando o seu traballo con Genesis, as súas contribucións con outros artistas, e a súa exitosa carreira en solitario, Collins obtivo máis de corenta éxitos que encabezaron a lista do «Billboard Hot 100» durante a [[década de 1980]].<ref name="Top">{{Cita novas|obra=Newsday|título=Pop Notes}}</ref>
 
No 2008, Collins ocupou o posto número 22 na lista de «Os 100 mellores artistas de todos os tempos segundo o [[Billboard]] Hot 100».<ref>{{Cita novas|obra=Billboard|título=Billboard Hot 100 Chart 50th Anniversary|url=http://www.billboard.com/bbcom/specials/hot100/charts/top100-artists-20.shtml}}</ref>