Casa de Lancaster: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
== A cuestión francesa ==
[[Ficheiro:Henry VI of England - Illustration from Cassells History of England - Century Edition - published circa 1902.jpg|miniatura|Henrique VI.]]
Henrique V volveu á antiga reclamación do trono de Francia por parte de [[Eduardo III]], retomando entón a [[Guerra dos Cen Anos]]. Conseguiu varias vitorias contra os franceses, sendo a máis destacable a obtida en [[Azincourt]], no ano 1415. Logo converteuse en aliado de [[Borgoña]], unha das ramas da [[Casa Real de Valois]]. No ano 1420 firmouse o [[Tratado de Troyes]], sendo o [[Duque de Borgoña]] o que actuou de intermediario entre Henrique V e [[Carlos VI de Francia]]. Por este acordo Henrique casaría coa filla de Carlos IV, Catarina, asumindo así a rexencia de Francia e negando de paso o dereito ao trono do fillo herdeiro do monarca francés, o [[Delfín Carlos]]. SenAsí embargoe todo, a sorte quixo que Henrique V morrese antes que o monarca francés. Cando este morreu, a coroa francesa foi herdada por Henrique VI, o infante de Henrique V de Inglaterra e [[Catarina de Francia]], en cuxos nomes os rexentes gobernaron Inglaterra e Francia.
 
A situación do novo monarca Henrique VI, que buscaba a súa xustificación no [[Tratado de Troyes]], só foi recoñecida naqueles territorios franceses baixo dominio inglés ou dalgún dos seus aliados. Baixo a liña marcada polo Loira os franceses recoñecían ao Delfín Carlos, fillo do finado Carlos VI, como Carlos VII de Francia. Ao principio, o novo monarca dos Valois intentará aumentar o seu control sobre Francia. O momento decisivo chegou coa intervención de [[Xoana de Arco]], que fará que o Valois estenda o seu poder a todo o territorio francés, culminando este proceso na coroación real de 1429 en Reims.