Burato negro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 23:
- O descubrimento de brotes de raios gamma (GRBs consonte o seu acrónimo en inglés). O descubrimento tivo lugar en 1967 polos satélites militares Vela dos Estados Unidos, que estaban adicados á detección de explosións nucleares terrestres que vulnerasen o tratado americano-soviético de prohibición parcial de ensaios nucleares de 1963. Os datos foron desclasificados nos anos 70, e non poideron ser correctamente interpretados ata a década de 1990, aínda hoxe se debate sobre o mecanismo concreto de emisión dos GRBs, entre posibles eventos en estrelas de neutrons, magnetares e buratos negros, e nos sistemas binarios destes obxectos estelares.
 
- O descubrimento de Cignus X-1, considerada a primeira fonte de raios X xerada por un burato negro. A fonte foi descuberta por un cohete de investigación de raios X no ano 1964. Calculase que o burato negro e un obxecto compacto con unha masa equivalente a 11,8 masas solares, e o radio do seu horizonte de eventos é de só 44 kilometrosquilómetros. O burato negro forma parte dun sistema estelar binario de raios X situado a 6070 anos luz do Sol. Os raios X xeranse ao caer materia ordinaria da estrela compañeira cara o burato negro sendo acelerada consonte se achega ao horizonte de sucesos, esta aceleración quenta a materia facendo que emita fotóns en frecuencias cada vez mais altas.
 
Hoxe en dia existen varias fontes confirmadas de buratos negros, incluidas varios buratos negros supermasivos en centros galácticos, tamén existen sistemas binarios de estrela ordinaria-burato negro, e sistemas binarios de buratos negros colpasantes coma os que deron lugar á detección polo observatorio LIGO de ondas gravitacionais.