Aleksandr Borodin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Piquito (conversa | contribucións)
elimino case todo o contido, o artigo en lingua inglesa non está ben organizado, hai que ir facéndoo organizado
Liña 21:
|sinatura =
}}
{{Contén texto cirílico}}
'''Alexander Porfiryevich Borodin''' (en [[lingua rusa|ruso]] Алекса́ндр Порфи́рьевич Бороди́н), nado o 12 de novembro de [[1833]] en [[San Petersburgo]] ([[Imperio Ruso]] e finado na mesma cidade o 27 de febreiro de [[1887]], foi un [[compositor]] [[Música romántia|romántico]] [[Rusia|ruso]] de ascendencia [[Pobo xeorxiano|xeorxiana]], así como médico e químico. Foi un dos compositores máis destacados do [[século XIX]] do chamado [[Grupo dos Cinco]], un grupo adicado á produción de [[música clásica]] especificamente rusa, en lugar de imitar os modelos anteriores de Europa Occidental.<ref>Abraham, Gerald. ''Borodin: the Composer and his Music''. London, 1927</ref><ref>Dianin, Sergei Aleksandrovich. ''Borodin''. London, New York, Oxford University Press, 1963</ref><ref>Oldani, Robert, William. "Borodin, Aleksandr Porfir′yevich," [http://www.grovemusic.com Grove Music Online] (Accessed 27 January 2006, subscription required)</ref>
 
Borodin é especialmente coñecido polas súas [[sinfonía]]s os seus dous [[cuarteto de corda|cuartetos]], os seu [[poema sinfónico]] ''[[V srednyeĭ Azii]]'' (''Nas estepas de Asia'') e a súa ópera ''[[Knyaz Igor]]'') (''Príncipe Ígor''. Notable defensor dos [[dereitos da muller]], Borodin foi promotor da educación en Rusia e fundou a Escola de Medicina para Mulleres en San Petersburgo.<ref>{{Cita web |url=http://www.classicalconnect.com/composer/alexander-borodin |título=Alexander Borodin, classical music composer |editorial=classicalconect.com |dataacceso=2 de xaneiro de 2017 |lingua=en}}</ref>
 
== Traxectoria ==
=== Familia e educación ===
Borodin naceu en [[San Petersburgo]] sendo fillo ilexítimodo noble xeorxiano de 62 anos Luka Stepanovich Gedevanishvili, e unha muller casada rusa de 25 anos, Evdokia Konstantinovna Antonova. Debido ás circunstancias do nacemento de Alexander, o noble rexistrouno como fillo dun dos seus servintes rusos, o que explica o apelido ruso do compositor. Como resultado deste rexistro, tanto Alexander como seu pai nominal ruso Porfiry foron oficialmente servintes do pai biolóxico de Alexander, Luka. O pai xeorxiano de Alexander liberouno da súa servidume cando este tiña sete anos e proporcionoulle casa e cartos para el e a súa nai. A pesar disto, Alexander nunca foi publicamente recoñecido pola súa nai, que se mantivo preto del, pero á cal o novo Borodin referiuse como a súa "tía".<ref>Lewis, David E. ''Early Russian Organic Chemists and Their Legacy.'' [[Springer Science+Business Media|Springer Science & Business Media]], 3 April 2012, p. 61</ref><ref>Cooper, David K. C. ''Doctors of Another Calling: Physicians Who Are Known Best in Fields Other than Medicine.'' [[Rowman & Littlefield]], 26 November 2013, p. 163</ref>
 
A pesar da súa condición de plebeo, Borodin foi ben provisto polo seu pai xeorxiano e medrou nunha gran casa de catro pisos, que foi regalada por Alexander á súa "tía" polo noble.<ref>Sergei Aleksandrovich Dianin, ''Бородин: жизнеописание, материалы и документы.'' Гос. музыкальное изд-во: 1960, p. 32</ref> Aínda que o seu rexistro impedía a súa inscrición nun [[Ximnasio (escola)|ximnasio]] apropiado, Borodin recibiu unha boa educación en todas as materias da man dos seus titores na casa. En 1850 entrou na Academia Médico-Cirúrxica de San Petersburgo, e seguiu unha carreira en química. Ao graduarse pasou un ano como cirurxián nun hospital militar, ao que seguíronlle tres anos de estudos científicos avanzados en Europa Occidental.
 
En 1862 Borodin regresou a San Petersburgo para ocupar unha cátedra de química na Academia Imperial Médico-Cirúrxica<ref>D. E. Lewis, ''Early Russian Organic Chemists and Their Legacy''</ref> e pasou o resto da súa carreira científica na investigación, ensinando e supervisando a formación de outros. Finalmente creou cursos de medicina para mulleres en 1872.
 
Borodin comezou a tomar lección de composición con [[Mily Balakirev]] en 1862. Casou con Ekaterina Protopopova, unha pianista, en 1863, e tivo canto menos unha filla, chamada Gania.<ref name=Habets>{{cite book|title=Borodin and Liszt: I. Life and works of a Russian Composer. II. Liszt, as sketched in the letters of Borodin|last=Habets|first=Alfred|publisher=Adamant Media Corporation|year=2005|isbn=978-1-4212-5305-3}}</ref> A música seguiu a ser unha segunda vocación para Borodin fora da súa principal carreira como químico e médico.
 
== Notas ==