Semente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Phaseolus vulgaris seed.jpg|miniatura|250px|Sementes de faba.]]
A '''semente''' é a estrutura mediante a que realizan a propagación as [[planta]]s que por iso se chaman [[Spermatophyta|espermatófitas]] (plantas con semente). A semente prodúcese pola maduración dun [[óvulo]] dunha ximnosperma ou dunha anxiosperma. Unha semente contén un xermolo do que pode desenvolverse unha nova planta baixo condicións apropiadas. Pero tamén contén unha fonte de alimento almacenado e está envolvido nunha ''cuberta protectora''.
 
== Estrutura ==
[[Ficheiro:Wiki - Avocado seed diagram-gl.svg|miniatura|300px|Partes dunha semente de aguacate.]]
O alimento almacenado comeza como un tecido fino e delgado chamado ''endospermo'' que é provisto por plántaa proxenitora e pode ser rico en [[aceite]] ou [[amidón]] e en [[proteína]]s. En certas especies, o embrión alóxase no [[endospermo]], que a semente utilizará para a xerminación. Noutros, o endospermo é absorbido polo embrión mentres que o último crece dentro da semente en desenvolvemento, e os [[cotiledón]]s do embrión énchense do alimento almacenado. Na madurez, as sementes destas especies carecen de endospermo. Algunhas sementes de plantas comúns que carecen de endospermo son as [[feixón|fabas]], [[chícharo]]s, [[cabaza]]s, [[xirasol]]es, e [[Armoracia rusticana|ravos]]. As sementes de plantas con endospermo inclúen todas as [[conífera]]s, a maioría dos [[monocotiledón]]s, as [[herba]]s, talles como o [[millo]] e o [[coco]].
 
A envoltura da semente desenvólvese a partir de cubertas, chamadas ''tegumentos'', que orixinalmente rodean ao óvulo. Na semente esta envoltura madura pódese converter nunha fina cuberta, como no [[cacahuete]], ou en algo máis substancial.
 
As sementes das anxiospermas quedan contidas en estruturas secas ou carnosas (ou en capas de ambas), chamadas [[froito]]s. En galego chámase [[froita]] ao alimento que representan os froitos carnosos e doces. En cambio as sementes das ximnospermas comezan o seu desenvolvemento "espidas" sobre as [[bráctea]]s dos conos, aínda que no seu desenvolvemento son acompañadas por escamas, que axudan á súa protección ou á súa dispersión.
 
Existe tamén un concepto legal de sementes, no que se considera como semente a calquera parte da planta cando o seu fin é a multiplicación, incluíndose entón plantóns, vitroplantas etc.
 
== Función das sementes ==
A diferenza dos animais, as plantas están limitadas na súa habilidade de buscar as condicións favorables para a vida e o crecemento. Por conseguinte, evolucionaron de moi diversas formas para propagarse e aumentar a poboación a través das sementes. Unha semente debe chegar á localización adecuada no momento óptimo de xerminación. Estas propiedades que fomentan a produción da seguinte xeración é posible que estean máis relacionadas cos froitos que coas mesmas sementes, xa que a función típica da semente é a de servir de mecanismo retardante, permitindo suspender o crecemento se as condicións non son favorables ou dar o tempo necesario para a súa dispersión. Cada especie logra o seu obxectivo dunha forma diferente: producindo gran cantidade de sementes, envolvendo as sementes en duras capas que se van abrandando coas choivas e o frío invernal para xerminar na primavera.
 
== Produción de sementes ==
A produción de sementes é un proceso industrial que permite crear sementes de alta calidade, nas mellores condicións, libres de contaminación, pragas ou enfermidades. A produción de sementes é parte da [[industria alimentaria]] ([[millo]], [[soia]], trigo, froitas entre outros), pero tamén de produtos como o algodón e as flores.
 
=== Etapas de produción ===