Clarinete: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=2427679
Sen resumo de edición
Liña 24:
O '''clarinete''' é un [[instrumento musical]] da familia do [[Instrumento de vento-madeira|vento-madeira]]. O seu nome vén da adicción do sufixo -''ete'' (que significa ''pequeno'') á palabra italiana [[clarín (instrumento musical)|''clarino'']] (que é un tipo de [[trompeta]] de rexistro alto), xa que os primeiros clarinetes tiñan un son estridente similar ao deste tipo de trompetas. O seu diámetro é similar en toda a súa lonxitude (dise del que é aproximadamente cilíndrico) e usa unha soa [[palleta|cana]]: [[lingüeta]] sinxela. No mundo do [[jazz]], nalgunhas ocasións, foi nomeado como "licorice stick" (pau de regalicia)<ref>[http://www.thefreedictionary.com/licorice+stick Definition of Clarinet ] at the Free Dictionary by Farlex. Retrieved April 2010.</ref>.
 
Este instrumento comprende unha gran familia con diversos compoñentes diferenciados entre si polo seu tamaño e polo seu ton. É a familia máis grande dentro do grupo dos instrumentos de [[Instrumento de vento-madeira|vento-madeira]], con máis dunha ducia de compoñentes, que van desde o inusualinfrecuente BBB ♭ octo-contrabaixo ao soprano A ♭ (clarinete piccolo). De todos eles, moitos son moi raros ou xa están en desuso, como por exemplo o BBB ♭ octo-contrabaixo, do que soamente existe un, e a música que se compón para clarinete case se reduce aos tipos máis comúns (E ♭, B ♭, A e BB ♭). Por asiduidade, a palabra clarinete fai referencia ao modelo máis común, o de B ♭, o clarinete soprano.
 
Á persoa que toca o clarinete chámaselle clarinetista. [[Johann Christoph Denner]] inventou o clarinete a mediados do século XVIII na [[Alemaña]], mediante a adicción dunha chave de rexistro ao antigo [[chalumeau]]. A partir deste momento seguiu evolucionando, coa incorporación de máis chaves e outras melloras, para facilitar a interpretación e a capacidade virtuosística do instrumento. A día de hoxe, o clarinete úsase en grupos de [[jazz]], na [[Música clásica|interpretación clásica]], na [[música de cámara]] e como instrumento solista.