Mondariz-Balneario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 114:
Durante o [[Antigo Réxime]] esta zona pertencía á [[provincia de Tui]], unha das sete do [[Reino de Galiza]]. Trala reforma administrativa, o [[30 de novembro]] de [[1833]] a xurisdición de Sobroso pasou a ser dependente da provincia de Pontevedra. O lugar pertencía aínda á parroquia de [[Mondariz, Mondariz|Mondariz]], até que en [[1904]] se creou a parroquia de Troncoso.
 
A comezos do [[século XX]] o empresario [[Enrique Peinador]] promoveu a recuperación da fonte de Gándara e a creación do [[Balneario de Mondariz|balneario]], que axiña se converteu nun centro de hospedaxe frecuentado pola burguesía.
 
O [[30 de novembro]] de [[1924]], co nome da Nosa Señora de Lourdes, a parroquia pasou a formar un concello independente, facendo referencia o seu nome ao balneario de augas medicinais. O [[17 de abril]] de [[1925]] o rei [[Afonso XIII]] concedeu á vila o título de "Moi Hospitalaria".