Escudo de Serbia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m arranxiños
Liña 2:
A versión actual do '''escudo de [[Serbia]]''' foi adoptada oficialmente polo seu parlamento o [[17 de agosto]] de [[2004]], unha versión do que fora o escudo do desaparecido [[Reino de Serbia]]. No mesmo figura, nun campo de [[goles]], unha aguia bicéfala de [[prata]] con pico e garras de [[Ouro (heráldica)|ouro]], está acompañada por dúas flores de lis, de ouro, situadas aos lados da punta do escudo.
 
A aguia porta no seu peito outro brasón cun campo de goles cunha cruz grega de prata e, do mesmo metal, o catro letras iniciais da lema: "Само слога Србина спашава/Samo Sloga Srbina Spašava" (''Só a unidade salva aos serbios''). Estas iniciais, nun primeiro momento, representaban a letra ''B'' do lema bizantino: "Basilevs Basileon Basilevon Basileonton" (''Rei de reis, que reina sobre reinos''). Estes elementos foron introducidos en Serbia procedentes de [[Grecia]] mais os trazos da inicial ''B'' terminaron confundíndose coa letra ''C'' (son /s/) do moderno [[alfabeto cirílico]] e pasaron a simbolizar o primeiro lema mencionado. AoO timbre é unaunha coroa real pechada de ouro e de fondo hai un manto real de púrpura, gornecido de ouro e forrado de armiño, alzado con cordas de ouro que terminan en borlas de ouro e cimado cun baldaquino de púrpura, bordeado de ouro sobre o que descansa outra coroa real.
 
Ao recuperarse o antigo escudo de Serbia, optouse por manter todos os seus elementos a pesar de que non se restaurou a [[monarquía]]. Existe unha versión, o escudo grande, na que se engade aos elementos anteriores. Existe unha versión pequena do escudo sen o manto nin a coroa superior coñecido como ''kokarda''.