Guerra da Tripla Alianza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo negrita
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *alguns
Liña 50:
As tropas reunidas do Brasil, da Arxentina e do Uruguai, listas para entrar en acción, non chegaban a 1/3 das paraguaias. A Arxentina dispuña de aproximadamente 8 mil soldados e dunha escuadra de catro vapores e unha goleta. O Uruguai entrou na guerra con menos de tres mil homes e ningunha unidade naval. Dos 18.000 soldados con que o Brasil podía contar, apenas 8.000 xa se encontraban nas guarnicións do sur. A vantaxe dos brasileiros estaba na súa mariña de guerra: 42 navíos con 239 bocas de fogo e cerca de catro mil homes ben preparados na tripulación. E grande parte da escuadra xa se encontraba na bacía do Prata, onde actuara, baixo o comando do [[Marqués de Tamandaré]], na intervención contra Aguirre.
 
Na verdade, o Brasil non estaba preparado para entrar nunha guerra. O seu exército non tiña aínda unha organización ben estruturada. As tropas utilizadas até entón nas intervencións feitas no Prata estaban constituídas basicamente polos continxentes armados de xefes políticos gauchos e por algunsalgúns efectivos da Garda Nacional. A infantaría brasileira que loitou na Guerra do Paraguai non estaba formada de soldados profesionais, mais polos chamados Voluntarios da Patria, cidadáns que se presentaban para loitar. Moitos eran escravos enviados por facendeiros. A cabalaría estaba formada pola Garda Nacional do Río Grande do Sur.
 
Segundo o Tratado da Tripla Alianza, o comando supremo das tropas aliadas cabería a [[Bartolomeu Mitre]], presidente da Arxentina. E foi así na primeira fase da guerra.