Afonso X o Sabio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/sentenza
Liña 170:
Mentres que o exército [[Casa de Anjou|anxevino]] avanzaba por Italia con apoio güelfo, faleceu o papa Urbano IV e foi elixido o tamén francés, [[Clemente IV, papa|Clemente IV]] (1265-1268), que tampouco entrou en Roma, quedando ben establecido en Viterbo. Este papa mantivo unha actitude abertamente favorábel a Carlos de Anjou e, cando este alcanzou Roma por mar, foi elixido senador e coroado como [[Reino de Sicilia|rei de Sicilia]] o [[6 de xaneiro]] de [[1266]] por cardeais designados polo papa. Cando o exército anxgevino chegou a Roma, Carlos emprendeu a campaña contra Manfredo, que saíu do seu letargo para encontrarse cos anxevinos na [[Batalla de Benevento (1266)|batalla de Benevento]], o [[26 de febreiro]] de [[1266]], onde o exército siciliano foi derrotado e o propio Manfredo encontrou a morte. Desta maneira, Carlos de Anjou logrou facer efectivo o seu control sobre todo o reino. E deste xeito impulsou o güelfismo en Italia, como o establecemento de Filipe della Torre en Milán, o marqués de Este en Ferrara e, en Florencia, os xibelinos foron de novo expulsados.
 
Pola súa parte, a pesar de que Afonso X insistía en non favorecer o xibelinismo, co que se privou do único apoio do que puidera dispoñer, os embaixadores casteláns, aproveitando que o [[infante]] [[Henrique de Castela]] apoiara o financiamento da empresa de Carlos de Anjou e posto que estaba na Corte pontificia, exerceron presión sobre Clemente IV para que pronunciara a sentenciasentenza a favor do rei castelán. Porén, ao desaparecer a resistencia xibelina en Benevento, o papa non considerou necesario manter unha postura contemporizadora co rei castelán.
 
En todos estes anos Afonso desembolsou enormes cantidades de diñeiro para sufragar as súas xestións para ser coroado emperador polo papa, así como para apoiar militar e financeiramente aos seus partidarios en Italia e Alemaña. Desgraciadamente para o monarca castelán, a [[Igrexa católica|Igrexa romana]] foi alongando o preito, como vimos, até que Afonso viuse obrigado a renunciar en [[1275]], tras unha entrevista en [[Beaucaire, Gard|Beaucaire]] co papa [[Gregorio X]].