Boeing 737 Classic: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 21:
== Desenvolvemento e deseño ==
Tras o éxito do 737-200 Advanced, Boeing quería incrementar a capacidade e alcance, incorporando actualizacións para mellorar o avión cara especificiacións modernas, mentres tamén buscaba reter compatibilidades con anteriores versións do 737. O desenvolvemento comezou en [[1979]], e en [[1980]] amosáronse as especificacións preeliminares do modelo no [[Farnborough Airshow]]. En marzo de [[1981]] [[USAir]] e [[Southwest Airlines]] pediron 10 avións cada unha, con opcións para 20 máis.
 
A nova serie contaba con motores turbofán CFM56, conseguindo ganancias significativas no aforro de combustible e unha reducción de ruído, pero tamén plantexando un reto significativo para os enxeñeiros debido ao poucoa espazo ata o chan do 737 (un rasgo dericado da fuselaxe do [[Boeing 707|707]]). Boeing e o fabricante do motor, [[CFMI]], solucionaron o problema colocándoo diante, en vez de debaixo, da á, e movendo os accesorios do motor cara os lados da góndola, dándolle ao 737 a súa distintiva toma de aire non circular.
 
A á incorporou varios cambios para mellorar a aerodinámica. A punta alongouse 23 cm, e os slats do bordo de ataque e os flaps do bordo de arrastre foron axustados. A pnte de mando mellorouse co sistema EFIS (Electronic Flight Instrumentation System) opcional, e a cabina de pasaxeiros incorporou melloras semellantes ás do [[Boeing 757]].
 
== Variantes ==