Persoa física: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Elisardojm (conversa | contribucións)
mentres
Liña 16:
O [[Código Civil Francés]], no artigo 725, e o de [[Código Civil de Austria|Austria]], capítulo 3, parte 2, esixen que o nacido sexa viable, de vida, é dicir, que non traia algún vicio polo que a súa morte se poida asegurar, ou que nacese antes de tempo. O fundamento do Código francés e dos códigos que o seguen é o seguinte: o fillo que nace antes dos seis meses da concepción, aínda que naza vivo, é incapaz de prolongar a súa existencia. O mesmo di do que nace cun vicio orgánico, tan demostrado que poida asegurarse a súa pronta morte; desde entón a este ser non se lle pode atribuír dereito algún, porque a capacidade de dereito depende non só do nacemento, senón da capacidade da vida, da viabilidade.
 
En [[España]] as [[leis de Toro]] impuxeron un triplo requisito para que un fillo se tivese por nacido: que nacese vivo todo, que vivise 24 horas despois de nacido e recibise bautismo. O artigo 60 da Lei do Matrimonio Civil de 1870 suprimiu o requisito do bautismo. O [[Código Civil de España|Código Civil]] establece no seu artigo 30 que "Para los efectos civiles, sólo se reputará nacido el feto que tuviere figura humana y viviere veinticuatro horas enteramente desprendido del seno materno". Da lectura deste artigo poderíase afirmar que o dereito español segue a teoría da viabilidade, pero o artigo 29 establece que "... el concebido se tiene por nacido a todos los efectos que le sean favorables, siempre que nazcan con las condiciones del artículo siguiente". A doutrina española maioritaria entende que da compresión conxunta de ambos artigos o sistema español é ecléctico, xa que mentrasmentres acolle a teoría da viabilidade para determinar o inicio da personalidade, o artigo 29 garante dereitos ó concebido pero non nacido.
 
Cómpre ter en conta que no dereito español os [[feto]]s no útero materno denomínanse ''nasciturus'', e teñen unha protección xurídica específica para o caso de que finalmente nazan e teñan personalidade xurídica plena. Deste xeito, un neno aínda non nacido pode chegar a herdar os bens do seu pai, se este morrese durante a súa xestación. A efectos [[constitución española de 1978|constitucionais]] sobre a protección do feto ante a posibilidade de prácticas [[aborto|abortivas]], existe unha sentencia do [[Tribunal Constitucional de España|Tribunal Constitucional]] (STC 53/85) que declara ó feto como ben xuridicamente protexido e esixe a súa protección, a tódolos efectos civís (para a consideración como persoa remítese á [[dereito civil|lexislación civil]]).