Wikipedia:Eliminación rápida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Agremon (conversa | contribucións)
m engado un 'l' a política
Liña 4:
A '''eliminación rápida''' é unha política da Wikipedia que se aplica nunha serie de casos onde os [[Wikipedia:Administradores|administradores]] poden borrar páxinas inmediatamente sen pasar polo sistema de [[Wikipedia:Votacións para borrar|votacións de páxinas para borrar]]. Todas as páxinas que cumpran algunha das condicións detalladas nesta política poden catalogarse como de eliminación rápida, e ser eliminadas sen demora.
 
Os administradores deben ter coidado de non borrar páxinas ou ficheiros que non sexan casos obvios. Se unha páxina se mantivo tras unha votación de borrado, non debería eliminarse pola vía rápida desta poíticapolítica, agás que conteña algunha nova violación de dereitos de autoría descuberta logo da votación, ou que pase a cumprir algún dos outros criterios de forma incontrovertida. Os editores adoitan crear páxinas mediante varias edicións, polo que os administradores non deberían eliminar sen máis unha páxina que semelle incompleta pero que se acabe aínda de crear.
 
Calquera pode pedir a eliminación rápida dunha páxina ou ficheiro engadindo o marcador {{tl|lixo}}. Antes de nomear unha páxina para eliminación rápida, considera outras opcións: se pode ser mellorada, reducida a un bosquexo, fusionada con outra, convertida nunha redirección, revertida a unha revisión previa ou manexada doutra forma. Unha páxina pode considerarse de eliminación rápida só se tódalas súas [[Axuda:Historial|revisións]] se axeitan aos criterios de eliminación.