Colémbolos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 37:
Os colémbolos miden normalmente menos de 6 mm de lonxitude. Os [[Poduromorpha]] e [[Entomobryomorpha]] teñen un corpo alongado, mentres que os [[Symphypleona]] e [[Neelipleona]] teñen un corpo globular.
 
Na cabeza teñen dúas antenas segmentadas (ás veces pola subsegmentación parecen ter máis segmentos). As antenas están formadas por catro artellos, os cales teñen a súa propia musculatura e poden moverse independentemente. Unha característica deste grupo única entre os hexápodos é que detrás das antenas hai un órgano sensorial postantenal ([[órgano de Tömösvary]], tamén presente en [[miriápodos]]), que está ausente só en colémbolos de vida epíxea. Dito órgano ten forma variable e crese que serve para percibir estímulos químicos ambientais. Os ollos situados detrás das antenas e do órgano postantenal, son simples e de número variable, dun a oito por cada lado da cabeza. O aparato bucal é de tipo masticadormastigador na maioría dos casos, aínda que existen especies da familia ''[[Neanuridae]]'' onde hai unha prolongación das distintas pezas bucais, que permite ao individuo picar; na súa parte ventral, a cabeza ten unha especie de canle que segue polo tórax ata alcanzar o primeiro extremo abdominal.
 
No tórax teñen un par de patas en cada segmentoun dos seus tres segmentos.
 
O abdome presenta seis segmentos ou menos. A abertura xenital está no quinto e está desprovista de estruturas externas relacionadas coa reprodución. Posúen un apéndice tubular (o [[colóforo]] ou tubo ventral) con vesículas pegañosas eversibles, que se proxecta ventralmente desde o primeiro apéndice abdominal, aínda que podería servir tamén para transportar fluídos (descoñécese a súa función exacta). Con este material pegañoso poden adherirse a substratos mesmo en posición vertical, e isto dálles o seu nome científico de orixe grega (''kolla'' = pegamento). A maioría das especies teñen un apéndice abdominal parecido a unha cola chamado [[fúrcula (colémbolos)|fúrcula]], que está dobrado debaixo do corpo e que usan como un resorte para saltar cando se ven ameazados. A fúrcula componse de ''manubrio'', ''dentes'' e ''mucrón''. A fúrcula mantense en tensión por medio dunha pequena estrutura con función de pinza, situada no terceiro segmento abdominal, chamada [[tenáculo]]<ref>John L. Capinera. Springer Links. [http://link.springer.com/referenceworkentry/10.1007%2F978-1-4020-6359-6_2384 Encyclopedia of Entomology] Páxina 3730.</ref> ou retináculo<ref>Gordon Gorth. Google books. [https://books.google.es/books?id=9IcmCeAjp6cC&pg=PA667&lpg=PA667&dq=retinaculum+collembola&source=bl&ots=Zo4JqbLX4p&sig=l3iJZG1VkcY9NcmJFqVI9aemFC0&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwjjupqb7-fQAhUCsxQKHX0aABkQ6AEIajAN#v=onepage&q=retinaculum%20collembola&f=false A Dictionary of Entomology] Páxina 1169</ref>, que cando se libera, golpea forte contra o substrato e guinda o animal no aire de modo parecido ao dunha [[catapulta]] a unha distancia proporcionalmente considerable. Todo este proceso ten lugar en só 18&nbsp;milisegundos.<ref name ="Piper">{{cite book |author=[[Ross Piper]] |year=2007 |title=Extraordinary animals: an encyclopedia of curious and unusual animals |publisher=[[Greenwood Press]] |location=Santa Barbara |url=http://www.worldcat.org/title/extraordinary-animals-an-encyclopedia-of-curious-and-unusual-animals/oclc/124074839}}</ref>