Río Mississippi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 491:
Alcanzaron a desembocadura do [[Río Arcansas|Arcansas]] e volveron remontar o río tras comprobar que discorría cara ao [[golfo de México]] e non cara ao «mar de California» ([[océano Pacífico]]). Uns anos máis tarde, en [[1682]], [[René Robert Cavelier de La Salle|Cavelier de La Salle]] e [[Henri de Tonti]] descenden tamén o Mississippi ata o seu delta. Constrúen o ''Fort Prud'homme'' que se converterá máis tarde na cidade de [[Memphis, Tennessee|Memphis]]. En abril de [[1682]], a expedición chega á desembocadura do Mississippi; Cavelier de La Salle fai levantar unha cruz e unha columna que leva as armas do rei de Francia: a soberanía francesa esténdese desde ese momento á totalidade do val do Mississippi, chamado «Louisiane» ([[Luisiana (Nova Francia)|Luisiana]]) en honra do rei [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]]. A expedición utiliza o mesmo camiño cara a [[Canadá]] e La Salle regresa a [[Versalles]]. Alí, este último convence ao ministro da mariña para que lle conceda o mando da Luisiana. Faille crer que esta está próxima a [[Vicerreinado de Nova España|Nova España]] debuxando un plano sobre o cal o Mississippi aparece moito máis ao oeste que o seu curso real. Pon en marcha unha nova expedición, pero esta diríxese ao desastre: Cavelier de La Salle non consegue volver atopar o delta do Mississippi e é asasinado en [[1687]].
 
En [[1698]], [[Pierre Le Moyne d'Iberville]] explora á súa vez a desembocadura do Mississippi. Vinte anos máis tarde, o seu irmán Jean-Baptiste manda unha nova expedición á Luisiana. Este funda a cidade de [[Nova Orleáns]], bautizada así en homenaxe ao [[Rexencia (política)|rexente]], o [[FelipeFilipe II de OrleánsOrleans|duque de OrleánsOrleans]], así como un forte preto da actual [[Baton Rouge]]. A principios do [[século XVIII]], [[John Law]] crea a Compañía de Occidente ou «Compañía do Mississippi». Escravos negros son transportados desde as [[Antillas]] para traballar nas [[plantación]]s. Outras cidades son fundadas polos franceses, por exemplo [[St. Louis, Missouri|St. Louis]] (1764).
 
Progresivamente, os franceses impón a súa presenza construíndo fortes ou postos comerciais en posicións estratéxicas do río: Forte Beauharnois no curso superior do río, Cahokia na confluencia co Missouri ou Forte de Chartres a beiras do [[río Meramec]].