Artes plásticas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
*Minuteiro > agulla dos minutos.
Liña 26:
Suxestión que logra nunha orde plástica debido á aplicación, na organización, de determinados fundamentos visuais: destino común, boa dirección, agrupamento, secuencia lineal, transponibilidade, progresión, alternancia etcétera.
 
Tensión existente entre varios elementos formais ou lineais e o campo que os contén, a través da cal as figuras son atraídas, repulsadas ou aquietadas provocando a suxestión do movemento ou desprazamento. Segundo a regra de Duncker, na experiencia de desprazamento o marco tende a permanecer fixo, mentres que o obxecto dependendo dese marco executa o movemento. A estrutura do contexto no espazo e no tempo determinan a percepción do movemento; de igual maneira ocorrerá coas propiedades do movemento, é dicir, velocidade e dirección (a velocidade pode ser constante, cambiar en progresión regular ou abruptamente). O movemento percíbese dentro de certos límites de velocidade, oa minuteiroagulla dos minutos do reloxo, aparentemente parece quieto, dada a súa escasa velocidade, pero as paletas dun ventilador vense como unha forma borrosa e quieta dada a súa alta velocidade.
 
De igual maneira un obxecto pequeno parecerá desprazarse a maior velocidade que un de gran tamaño. A dirección está determinada polo sentido da secuencia en que un obxecto, forma, cor etc. segue nunha orde dada, ou pola tensión dunha liña, forma etc. con respecto a un bordo ou na súa propia dinámica, así vemos desprazarse cara arriba a unha vertical con velocidades distintas nos seus extremos, subir a un triángulo isóscele, dirección igual nunha horizontal con mínima diferenza de velocidade cara á esquerda, e carecer de dirección a un cadrado. É dicir, os elementos axiais expresan movemento, unha catedral gótica é ascendente. As superficies curvas expresan movemento dobre, achegarse e afastarse.