San Francisco de Campeche: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios + Atención
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 294:
A "Casa dos Itzáes", é un sitio onde se encontran unha vintena de edificios monumentais que falan da concentración do poder político, económico e relixioso ocorrido en tempos precolombinos. Edzná é unha das cidades [[Cultura maia|maias]] máis interesantes polos adiantos tecnolóxicos descubertos nela.
 
Debido ao tipo de solo, o [[val]] no que se encontra, anégase en temporada de choivas e conserva unha alta humidade case todo o ano. Para remediar este inconveniente, os maias desenvolveron un avanzado sistema de obras hidráulicas: unha rede de canles drenaba o val e a auga era conducida cara a unha lagoa, que foi transformada en [[represa]] mediante muros de contención, mentres que outras canles servían para irrigar os campos. Isto propiciou un grao óptimo de humidade na terra para o cultivo intensivo en tanto que as canles proporcionaban abundante pesca, ademais de que eran usadas como vías de comunicación e nalgúns casos servían como defensa. As prazas tiñan un sistema de [[desauguedesaugadoiro]] e a auga da chuvia chegaba a depósitos artificiais chamados "chultúns".
 
[[Edzná]] contaba con numerosos edificios relixiosos, administrativos e habitacionais distribuídos nunha superficie de 25 quilómetros cadrados aproximadamente. É de particular importancia neste sitio o edificio dos cinco pisos, o cal se encontra construído sobre unha gran [[plataforma]] que lle dá gran maxestuosidade arquitectónica.