Panfilia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Elisardojm (conversa | contribucións)
achegar
Liña 14:
Segundo [[Plinio o Vello]] o país chamouse antes Mopsopsia, de [[Mopso]], o xefe dun grupo de gregos que se estableceron alí despois da [[guerra de Troia]].
 
Sometido o país por Persia, os panfilios serían un pobo pouco importante que só aportouachegou 30 barcos á guerra contra [[Atenas]] ao comezo do [[século -V]]. (os licios aportaronachegaron 50 e os cilicios 100). Sometidos facilmente a [[Alexandre o Grande]], á súa morte quedaron no poder de [[Antígono]] e, despois do [[-301]] dos [[seléucidas]]. Despois da paz de [[Apamea]] pasou a Roma ([[-188]]) e a rexión foi incorporada ao [[reino de Pérgamo]] co que pasou a Roma o [[-133]], formando parte da provincia de [[Asia (provincia romana)|Asia]]. Os panfilios participaron a miúdo nas piraterías dos seus veciños cilicios e os seus portos serían unha especie de refuxio de seguridade para os cilicios. Cando se creou a provincia de [[Cilicia]] foi incluída nela, pero retornou a Asia o [[-43]]; o [[-31]] foi incorporada a [[Galacia]] e o ano [[70]] creouse unha provincia que se chamou [[Licia e Panfilia]], da que formou parte. Baixo [[Constantino I o Grande]], antes do [[325]], a provincia dividiuse nas de Licia e de Panfilia.
 
As colonias gregas de Aspendo e Side ficaron como estados independentes en alianza con Persia, e despois con Macedonia e cos seléucidas, e serían cidades libres baixo os romanos ata o tempo de [[Vespasiano]].