Cahiers du cinéma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Historia: Bot: Arranxos varios
Liña 46:
 
== Historia ==
''Cahiers'' reinventou os principios básicos da crítica e da teoría cinematográfica. Un artigo de 1954 de Truffaut arremetendo contra ''La qualité française'' ("a calidade francesa") foi considerado o manifesto por 'la politique des Auteurs' ('a política dos autores')<ref name="Guardian Macnab" /> e resultou na nova avaliación do cinema de [[Hollywood]] e de directores como [[Alfred Hitchcock]], [[Howard Hawks]], [[Robert Aldrich]], [[Nicholas Ray]] e [[Fritz Lang]]. Os escritores de ''Cahiers du Cinéma'' tamén admiraban a obra de [[Jean Renoir]], [[Roberto Rossellini]], [[Kenji Mizoguchi]], [[Max Ophüls]] e [[Jean Cocteau]], centrando as súas críticas na posta en escena dos filmes. Ademais, os autores eran comparados e contrastados, establecendo un auténtico diálogo cinematográfico. A revista tamén foi fundamental na creación da ''[[Nouvelle Vague]]'', na que destacaron os filmes dirixidos por colaboradores de ''Cahiers'' como Godard e Truffaut.
 
En 1963 Jacques Rivette susbtituíu a Rohmer como editor, cambiando as preocupacións políticas e sociais e prestando máis atención as cinematografías non estadounidenses. Cara 1970 o estilo cambiou do modernismo a radicalismo e o [[materialismo dialéctico]]. A mediados da década de 1970 a revista seguía unha liña editorial [[maoísmo|maoísta]], pero a crítica ao filme ''[[Tiburón (filme)|Tiburón]]'' supuxo o regreso a perspectivas máis comerciais, rehabilitando tamén algúns dos antigos favoritos ''Cahiers'' e descubrindo autores como [[Manoel de Oliveira]], [[Raoul Ruiz]], [[Hou Hsiao-Hsien]], [[Youssef Chahine]] e [[Maurice Pialat]].
 
En 1998 Editions de l'Etoile, editora de ''Cahiers'' foi adquirida polo grupo ''[[Le Monde]]''.<ref>{{Cita web|apelidos=Dowell|nome=Ben|data=10 de febreiro de 2009|url=http://www.guardian.co.uk/media/2009/feb/10/le-monde-sells-cahiers-du-cinema|título=''Le Monde'' sells influential cinema magazine ''Cahiers du Cinéma''|editor=The Guardian}}</ref> Para evitar a tradicional perda de cartos a revista intentou un cambio de imaxe en 1999 para gañar novos lectores, tratando todas as artes visuais. Esta nova versión con artigos sobre telerrealidade ou [[videoxogo]]s trouxo confusión e malas críticas dos lectores tradicionais.<ref name="NYT Itzkoff" /><ref name="Guardian Macnab" />
 
''Le Monde'' tomo control total en 2003, con Jean-Michel Frodon como director. En 2009 Richard Schlagman, de Phaidon Press, grupo especializado en libros sobre artes visuais, comprou ''Cahiers''.<ref name="NYT Itzkoff" />
 
== Notas ==