Movemento rastafari: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎top: Bot: Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Dreadlocked rasta.jpg|miniatura|225px|dereita|Rasta]]
O [['''movemento rastafari]]''' é un movemento socio-cultural que considera ao emperador de [[Etiopía]] [[Haile Selassie]] I, antes chamado o Príncipe Nivel Tafari (en [[Lingua amhárica|amhárico]]), a encarnación de [[Cristo]] no seu carácter de [[Deus]] como [[Rei]], a [[Marcus Garvey]] como a encarnación de Cristo no seu carácter de Deus como [[Profeta]], e ao [[príncipe]] [[Emmanuel Charles Edwards]] como a reencarnación de Cristo no seu carácter de Deus como Sumo Sacerdote, conformando desta forma unha [[Santa Trindade]]. Outro alicerce fundamental é a lectura do sacro libro da tradición etíope, titulado ''[[Kebra Nagast]]'', e a reivindicación do [[panafricanismo]] (a reivindicación de unidade dos descendentes de africanos oprimidos durante a historia recente).
 
Xurdiu nos comezos dos [[anos 30]] en [[Xamaica]] a partir de profecías [[bíblica]]s que atribuíron a divindade a Selassie, o desexo dos descendentes de escravos negros de volver a [[África]], das aspiracións sociais e culturais da comunidade negra e dos ensinos do organizador nacido en Xamaica Marcus Mosiah Garvey que clamaba: "''Africa para os africanos e Europa para os europeos''". A visión social e cultural de Garvey inspirou aos fundadores do movemento, que o consideraron como un profeta.
 
O rastafarismo xurdiu entre a poboación negra de clase traballadora en Xamaica, e permanece en defensa da Supremacía Negra, que se interpreta como a supremacía do ben sobre o mal. A cor negra representa ao ben, e en ningunha forma ten que ver coa [[cor da pel|cor de pel]] dos homes. Hoxe en día o movemento estendeuse ao longo de gran parte do mundo e ten seguidores provenientes de distintas culturas, linguas e nacións. Son erroneamente coñecidos pola súa devoción á música de ''[[reggae]]'' cando en realidade non forma parte da Orde Cerimonial Rastafari.