Churro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Bot: Arranxos varios
Liña 2:
[[Ficheiro:Chocolate with churros.jpg|thumb|360px|Churros con [[chocolate quente]]]]
 
Un '''churro'''<ref>Denominación galega en ''Vocabulario ortográfico da lingua galega'' A Coruña, [[Real Academia Galega]] / [[Instituto da Lingua Galega]], 2004</ref> é unha masa frixida, xeralmente de forma cilíndrica e estriada, elaborada con fariña e auga, que adoita servirse cuberta de azucre<ref>Definición en VV. AA. (2012) ''Dicionario de alimentación e restauración'' Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega</ref>. É un alimento de orixe [[Península Ibérica|ibérica]], moi popular tamén nos países latinoamericanos.
 
As persoas que elaboran e/ou venden churros chámanse de '''churreiros''' ou '''churreiras'''<ref>[http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1151032&sinom=0 Denominación en Portal das Palabras da [[RAG]].]</ref>.
 
== Preparación ==
O doce prepárase cunha masa a base de fariña triga e auga, de forma cilíndrica e frixido en [[aceite vexetal]]. Despois adóitaselle engadir unha camada de [[azucre]] por fóra (opcionalmente, tamén con [[Cinnamomum zeylanicum|canela]]). Sendo un doce orixinario de [[Portugal]] e [[España]], consómese bastante nos países hispano-americanos, desde [[México]] até a [[Arxentina]].
 
A preparación do churro faise cunha ferramenta na cal a masa fica almacenada e, a través dun dispositivo de presión, como unha manivela, envía a masa a un molde, que lle dá o aspecto estriado á mesma. Despois fríxese en aceite vexetal e déixase en repouso até que se lle bota o azucre ou o chocolate por riba ou se rechea.