Serie de televisión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Bot: Arranxos varios
Liña 3:
==Series de ficción==
===Estrutura narrativa===
O trazo principal que define a unha serie de ficción é que os seus capítulos constitúen unha unidade narrativa independente en si mesmos, lográndose a continuidade entre un e outro a través dos personaxes, os escenarios ou os temas. A diferenza dos [[serial (televisión)|seriais]], que deixan abertas as tramas dun episodio para outro, nas series estas resólvense dentro do propio capítulo.
 
Con todo, existen producións que non cumpren este requisito e, a pesar diso, son consideradas como series, pola súa factura, proceso de produción e forma de programación. É o caso de ''[[Lost (serie de televisión)|Lost]]'' (''Perdidos'').
 
===Produción e programación===
 
Por norma xeral, as series de ficción son producións moito máis custosas que os [[serial (televisión)|seriais]]. Iso débese a que adoitan exporse para cubrir os horarios de maior consumo televisivo ou ''prime time'', mentres que os últimos destínanse ás bandas diúrnas ou ''daytime'', onde os niveis de audiencia son menores.
 
Debido ao seu considerable custo, prográmanse unha vez á semana (ocasionalmente, dous ou tres) e case nunca en tira diaria (en [[lingua inglesa|inglés]], ''strip''), que é como adoitan emitirse os [[serial (televisión)|seriais]].
 
Unha serie adoita concibirse de forma pechada, con final previsto, pero deixando aberta a posibilidade de ampliar a produción, en función dos resultados de audiencia. O máis habitual é que se realice unha primeira quenda de trece episodios e, se o éxito acompaña, é moi probable que a serie regrese con novas entregas.
 
===Tipoloxía===
Liña 23 ⟶ 22:
 
==Series documentais==
O xénero do [[documental]] pode ser obxecto dunha emisión seriada en [[televisión]], así como as súas distintas variantes, xurdidas a partir dun proceso de incorporación de técnicas características doutros xéneros. É o caso dos ''[[docudrama]]s'', nos que se aborda a realidade con recursos narrativos propios da series de ficción, como a guionización a partir de tramas e, ata, personaxes. Un exemplo de ''docudrama'' seriado é a produción [[España|española]] ''[[Vivir cada día]]'', emitida por [[TVE1]] entre [[1978]] e [[1988]].
 
Outra variante do documental é o ''docu-soap'' (''docu'', de documental; ''soap'', de ''[[soap opera]]''), aínda que, neste caso, as técnicas narrativas utilizadas non proceden das series de ficción, senón dos seriais televisivos. Como nestes, as tramas quedan abertas dun capítulo a outro. A produción [[España|española]] ''Bellvitge Hospital'', ofrecida pola televisión autonómica [[Cataluña|catalá]] [[TV3]], é un exemplo de ''docu-soap''.
 
[[Categoría:Series de televisión| ]]