HTML: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m Bot: Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:HTML source code example.svg|framed|Código fonte dun documento HTML.]]
A '''Linguaxe de Etiquetaxe de HiperTexto''' ('''HTML''' ou '''''HyperText Markup Language''''', en inglés) é unha [[linguaxe de marcas]] deseñada para crear [[páxina web|páxinas web]] con [[hipertexto]] e calquera outra información que se queira para seren vistas cun [[navegador web]].
 
== Historia ==
O HTML foi desenvolvido orixinalmente por [[Tim Berners-Lee]] cando traballaba no [[CERN]] e procuraba un medio de intercambio de información que facilitase a publicación de textos facilmente referenciábeis. O [[protocolo (informática)|protocolo]] que creou converteuse na [[World Wide Web]] (www, Rede Mundial) e popularizouse co navegador [[Mosaic]], realizado no [[NCSA]]. Durante a década de [[1990]], floreceu co medre explosivo da Rede. Durante este tempo, a HTML expandiuse a moitos ámbitos.
 
As primeiras versións de HTML definíronse con regras sintácticas moi laxas, que axudaron á súa adopción por parte dos non iniciados coa publicación na [[Rede informática|rede]]. Os navegadores de internet normalmente deducían o significado en certas seccións e amosaban a [[páxina web]]. Co tempo, a tendencia dos normativas oficiais foi a de crear unha sintaxe da linguaxe cada vez máis estrita, a pesar de que os navegadores continúan amosando páxinas que aínda están moi afastadas do HTML válido.
Liña 12:
A evolución da informática no tempo e o uso masivo por parte dos internautas propiciou que houbese varias variantes da linguaxe ao longo do tempo, con propósitos específicos que van dende a incidencia semántica e interpretabilidade dos contidos, ata a [[hipermedia]] que fundamenta a interacción efectiva cos usuarios, pasando por etapas intermedias de gran inestabilidade ligadas a dominancia no competitivo mercado de navegadores.
 
Actualmente se atopa nun estado bastante estable, dende que a finais dos noventa se especificase a súa integración na sintaxe de [[XML]], mantendo unha política de forte compromiso con semánticas simples no que é o entorno actual da vertente social da rede, con maior incidencia en contidos textuais e relacionais entre individuos que en autoprodución multimedia, e evolucionando cara a varias vertentes, por un lado de aplicacións web ([[HTML 5]]) e por outro incidindo na difusión da actual [[web social]] ([[XHTML 2]]). A estabilidade da Rede depende de que os autores de páxinas e as empresas comparten as mesmas convencións de HTML.
 
O HTML permite: