Arte do Antigo Exipto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
m Bot: Arranxos varios
Liña 1:
Unha das características do [[Antigo Exipto]] é a súa senlleira arte, con obras monumentais que xeralmente tiñan carácter simbólico funerario ou relixioso.
 
Malia ser o concepto de ''Arte'' moderno, é perfectamente utilizable na [[arquitectura]], [[escultura]], [[pintura]] e xoiaría exipcias, sendo moitas das súas realizacións ''auténticas obras de arte'' e non sinxelos traballos de artesanía.
 
Grazas ao seco clima de Exipto e ao ser soterradas pola area do deserto (ou polos seus propietarios, para gozar delas na "outra vida") chegaron ata o día de hoxe en aceptable estado de conservación multitude de auténticas obras de arte, a pesar da utilización dos monumentos como canteiras, as guerras ou os innumerables saqueos de tumbas e templos.
 
[[Ficheiro:NarmerPalette-ROM-back.jpg|dereita|miniatura|150px|'''Paleta de Narmer''' Reprodución do Museo Real de Ontario]]
Liña 14:
== Período Dinástico (c. 3000 a 30 a. C.) ==
 
Asombra a perfección, delicadeza e monumentalidade da arte exipcia, cun estilo característico que xorde nos primeiros séculos e permanece case inalterado en tres milenios de cultura.
 
'''Pintura e [[baixorrelevo]]s'''
[[Ficheiro:Egypte louvre 166 visage.jpg|dereita|miniatura|150px|Baixorrelevo, [[Louvre]]]]
 
Caracterízase principalmente por presentar figuras xustapostas en planos superpostos. As imaxes represéntanse con criterio xerárquico, por exemplo: o faraón ten un tamaño máis grande cós súbditos ou os inimigos que están ao seu carón.
 
Predominaba o "[[frontalismo|canon de perfil]]" que consiste en representar a cabeza e as extremidades de perfil mais os ombreiros e os ollos de fronte. As pinturas atópanse en papiros e paredes de tumbas, os baixorrelevos principalmente nos muros dos templos. As escenas máis típicas eran as da vida cotiá ou as do "[[Alén]]".
Liña 33:
A arquitectura relixiosa exipcia caracterízase pola súa monumentalidade a partir do Imperio Antigo, co emprego de pedra, en grandes bloques, sistema construtivo a[[dintel]]ado e sólidas [[Columna (arquitectura)|columna]]s. Na arquitectura civil empregouse profusamente o [[adobe]] en vivendas, palacios, fortalezas e murallas, perdurando escasos restos.
 
Xorde nunha sociedade cun poder político fortemente centralizado e xerarquizado, cunha concepción relixiosa de inmortalidade, ao principio só do faraón, que debía reflectir coa súa magnificencia e durabilidade.
 
Conséguese grazas aos coñecementos matemáticos e técnicos, ás veces desconcertantes para a época, a existencia de artistas e artesáns moi experimentados, ben organizados e a abondosidade de pedra doadamente tallable.
Liña 57:
=== [[Imperio Medio de Exipto|Imperio Medio]] (c. 2040-1795 a. C.) ===
 
Constrúense pirámides con materiais máis perecedoiros ([[adobe]]). Os hipoxeos van substituíndo ás mastabas como tumbas.
 
A escultura caracterizouse por un maior realismo, sobre todo nos retratos. A realeza era representada como personalidades de alto rango, mais sen chegar a ser xa a imaxe dun deus na Terra, como acontecía no Imperio Antigo. Este mesmo criterio seguiuno a nobreza exipcia. Nos templos prodigouse o baixorrelevo polícromo. A pintura foi empregada profusamente na decoración de tumbas.
 
A literatura exipcia acado o seu cenit coa ''Historia de Sinuhé'' e os ''Textos dos Sarcófagos''.
 
=== [[Imperio Novo de Exipto|Imperio Novo]] (c. 1570-1070 a. C.) ===
Liña 84:
=== Dominación greco-romana (332-30 a. C.) ===
 
Dende o final do Imperio Novo os exipcios foron gobernados nalgúns períodos por reis doutras nacións pero mantiveron a súa cultura e costumes artísticos até a época de dominación romana.
 
Durante o período ptolemaico produciuse un gran desenvolvo da arte, construíronse novos templos, o Museo e a [[Biblioteca de Alexandría]], e o [[Faro de Alexandría]]. Produciuse a helenización das formas na escultura.