Hórreo galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Antecedentes: Bot: Arranxos varios
Liña 42:
O uso dos celeiros aéreos vai xunguido ao cultivo do [[paínzo]], que xa se practicaba na cultura dos [[Castro (poboado)|castros]], como o demostran os achados de sementes torradas en diversas citanias e que se gardan no Museu [[Leite de Vasconcelos]], en Portugal. Algúns autores ven no hórreo unha prolongación da [[palafita]],<ref>Frankowski, E. ''Hórreos y palafitos de la Península Ibérica''. Edición facsímile. Ediciones Istmo. Madrid, 1986. ISBN 84-7090-168-0.</ref> mentres que para outros é unha dependencia doméstica segregada da [[casa]].<ref name="jls"/> Sobre a súa orixe contamos coas mencións de autores latinos, que non despexan as dúbidas sobre o aspecto formal dos celeiros aos que fan referencia.
 
Haberá que agardar á representación miniada de tres hórreos nas ''[[Cantigas de Santa María|]]''Cantigas de Santa María'']], no [[século XIII]]. Cada un deles consta dunha cámara estreita e longa sobre catro esteos con tornarratos, unha porta no testeiro en [[Arco (arquitectura)|arco]] de ferradura e cuberta de [[Tella (construción)|tella]] curva a dúas augas, sen beiril, sobrepenas nin cruceiro. Esta similitude formal suxire que en Galicia o seu uso é moi anterior ao comezo do cultivo do millo, probablemente ligado ao cultivo do paínzo ou millo miúdo. Porén, a ausencia de doelas e pontóns nas paredes costais non permite a ventilación do interior da cámara, polo que estamos ante un tipo de hórreo aínda non especializado na conservación do millo.<ref name="xl"/>
 
O documento galego máis antigo no que se atopa unha referencia ao hórreo é unha escritura de [[1219]] pola que o rei [[Afonso IX]] lles cedía o castro de Untia, lugar no que se asenta hoxe a cidade de [[Betanzos]], aos veciños da parroquia de [[Tiobre, Betanzos|Tiobre]], hoxe chamado [[Betanzos o Vello, Tiobre, Betanzos|Betanzos o Vello]]. No documento lese ''Inde per viam quae tendit ad orreum vrum. Excepto ipso orreo cum suo currali''.<ref>Vaamonde Lores, C. ''Ferrol y Puentedeume. Escrituras referentes a propiedades adquiridas por el monasterio de Sobrado en dichos partidos en los S. XII, XIII y XIV''. A Coruña, 1909. Apéndice VII. Citado en Martínez Rodríguez, I. ''El hórreo gallego''. Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña, 1975. ISBN 84-85728-00-9.</ref>